👂✨ Tes as orellas preparadas?
Este sábado temos "Contos para orellas abertas" na Choiva de contos!
👶 Para nenos/as de 3 a 8 anos.
🕛 12:00 h.
📍 Salón de actos.
🎟 De balde (ata completar aforo).
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
👂✨ Tes as orellas preparadas?
Este sábado temos "Contos para orellas abertas" na Choiva de contos!
👶 Para nenos/as de 3 a 8 anos.
🕛 12:00 h.
📍 Salón de actos.
🎟 De balde (ata completar aforo).
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
🥰Ficamos agradecidas pola vosa resposta na celebración do Día da usuaria e o usuario: as bolsas sorpresa esgotáronse en 20 minutos e volvestes encher o salón de actos ata ateigalo no concertazo de @pakolas_pacocerdeira 🤘
*Etiquetádenos nas vosas fotos coas novas bolsas! 📷
🔮Despedimos esta edición da Choiva de contos de Nadal co espectáculo Maxia entre liñas de Dani García.
Un espectáculo de maxia de peto que mestura o asombro co encanto das bibliotecas, onde os libros e a imaxinación se converten nos mellores aliados para sorprender ás crianzas.
Despois de arredor de 500 actividades, despedimos o 2025 con Pulpiño Viascón, músico, performance e multiintrumentista galego, que nos vai contar a historia do Apalpador a partir dunha banda sonora aventureira creada cos seus instrumentos máxicos.
Ás 12h no salón de actos.
Continúa a Choiva de contos de Nadal esta semana cos seguintes espectáculos:
· Hoxe 29/12 Hotel Paraíso a cargo de Galeatro
· 30/12 O Apalpador con Pulpiño Viascón
· 02/01 Do lobo un pelo con Celso F. Sanmartin
·03/01 Estrafalaria con Xarope Tulú
Todos os días ás 12h!
Velaí van algunhas imaxes das primeiras sesións da Choiva de contos de Nadal!
Lembrade que hoxe temos a Bea Campos con Un Nadal de Rizos de Ouro!🧸
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Agardámosvos ás 12h no salón de actos!
O equipo da Biblioteca Pública Ánxel Casal deséxavos que pasedes unhas felices festas!
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
⛵Canta, Buguina, canta! Soprando a buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau hoxe ás 12h.
Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos, narración oral e música para que nenas/os de 0 a 3 anos exploren os sentidos dunha maneira amena.
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
📚🎄Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro teremos un programa especial de Choiva de contos de Nadal todos os días non festivos ás 12h.
Acompañádenos e gozade das Festas na vosa biblioteca!
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
💪A que non tedes un plan mellor para hoxe que unha tarde de teatro na biblio? Bravas, con Isabel Risco ás 19h con entrada libre.
Animádevos!
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Esta tarde temos na #biblioteca unha clase mestra con @javierpenalopez.bsky.social sobre como escribir un podcast 📝
🕡18.30 h - recollida de entradas a partir das 18h
📍salón de actos
👥a partir de 16 anos - 30 prazas
@culturagalega.bsky.social @culturausc.bsky.social @compostelacultura.bsky.social
Esta tarde adéntrate no Galiverso desde a #biblioteca!
Conmemoramos o Día Internacional do #Patrimonio Mundial con esta experiencia inmersiva e de realidade virtual
🕔 de 17 - 19h
👉 público a partir de 8 anos
🎟️recollida de convites a partir das 16:30h
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Comezamos mañá coas actividades do Mes da Ciencia en Galego cun espectáculo no que o mago Paco mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en común, pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Aquí tedes máis info por se queredes ler ou compartir. Xa sabedes que non hai inscrición previa: o acceso é por rigorosa orde de chegada á @bpsanxelcasal.bsky.social.
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura
Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪
O 7 de outubro ás 8.30h abrimos o prazo para inscribirse no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía e na Aula de maiores na #biblioteca
Toda a info na nosa web:
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Mañá ás 12h na Choiva de contos teremos “As lendas do Conde Breixo”, unha peza de teatro en teatro de papel en clave de contacontos, narrada a través de Emakis e Kamishibai tradicional xaponés.
Agardámosvos!
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
⏰Lembrade que o luns 15 ás 8:30h comeza a inscrición!
www.lavozdegalicia.es/noticia/sant...
Se transcender significa algo, seguro que é algo semellante a isto ❤️🍀
'O trevo de catro follas', xa nas librarías
www.laopinioncoruna.es/sociedad/202...
👩🍳No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as condicións...
Mañá ás 12h comeza un novo curso da Choiva de contos con Iago López e o Cociñeiro Martiño!
Mirade cantas actividades temos programadas xa para os vindeiros meses: contacontos, concertos, roteiros, obradoiros...
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Comezamos o sábado ás 12 con Iago López e O cociñeiro Martiño na Choiva de contos!
📢Información sobre os Clubs de lectura 2025 - 2026.
O vindeiro 15 de setembro ás 8:30 comeza a inscrición para os clubs de lectura 2025/2026.
Toda a info na nosa web: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Despedimos a semana cunha rolda de imaxes das nenas e nenos participantes na 5ª quenda do Campamento cultural de verán 👋
Velaí van algunhas imaxes da mostra / exposición A liña e o vento: lembrando a Carlos Taboada, que oranizamos na sala infantil como homenaxe polo seu pasamento.
📚🇵🇹 Anunciamos a creación dun novo Club de lectura en portugués para o curso 25/26.
✍️A inscrición ábrese o luns 15 de setembro ás 8:30 horas.
📍As sesións realizaránse en xoves alternos ás 19:30 nas salas de traballo do terceiro andar.
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
📚💔 Adeus a Manuel Lourenzo
Marchou unha voz única da nosa literatura, pero quédanos a súa palabra.
Sirva esta mostra para acompañar o recordo, a lectura e a gratitude por todo o que nos deixou.
Achegádevos a compartir esta homenaxe a un creador imprescindible para Galicia.
🤔Queredes revisar todas as novidades da nosa colección dos últimos tres meses?
🥰Pois velaí van 104 páxinas coas novas novelas, revistas, libros de coñecemento, literatura infantil, audiovisuais...
www.calameo.com/read/0078866...
🥲Hoxe foi o último día da bolsa de formación en biblioteconomía de Inés, Paz, Roi e Alberto.
🥰Agárdalles un marabilloso futuro ben sexa vinculado ao mundo das bibliotecas ou ao que eles escollan.
👨👩👧Para nós, serán parte sempre da tribo da BPS!
📚✨ No campamento cultural da #BibliotecaÁnxelCasal, as crianzas descobren que ler é xogar, soñar e aprender.
Historias que nacen cedo e duran toda a vida.
❤️ A lectura vive aquí. E ti?
#VeránLector #LecturaTemprá #BibliotecasGalegas #Santiago
Qué guay. Ojalá más y más secciones de fanzines en todos lados 🔥🔥🔥