Correo dunha axencia totalmente descoñecida. Opcións:
a) digo que non estou dispoñible (mentira pero seguro que cae algo nesa data)
b) dou a miña tarifa (que seguro é cara para eles)
c) non respondo
Calquera dos 3 casos: sei perfectamente quen acabará collendo o servizo e por que.
30.01.2026 17:14
👍 3
🔁 0
💬 0
📌 0
A miña tixola de 22 cm é perfecta para o fogón mediano, pero recentemente pegábaselle a comida. Púxena unhas semanas na pila de cousas para levar á aldea, e acolloouse toda. O día de Reis resgateina para facer filloas e NON SE PEGOU NINGUNHA. Parece que quere seguir vivindo na Coruña... 😈
08.01.2026 22:19
👍 6
🔁 0
💬 0
📌 0
@silcerino.bsky.social Ven forte cheiro de lume da rúa Tornos da Coruña. Hai varios coches de policía e acaba de chegar un camión dos bombeiros.
27.10.2025 20:05
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Profesionalmente non me pasou nunca: traballo case sempre con grupos estranxeiros e respectuosos. Pasoume como turista co meu home e amigos cataláns, de termos reservado especificamente a visita en catalán dun monumento, e que se incorporase ao grupo algún idiota pedindo as explicacións en castelán.
23.07.2025 17:33
👍 4
🔁 0
💬 0
📌 0
Son eu, ou os clickbaits de El País cada vez se parecen máis aos de El Español ou Quincemil???
#xornalismoRIP
14.07.2025 11:40
👍 7
🔁 0
💬 0
📌 0
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
11.07.2025 16:15
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Vémonos este sábado no Corgo!
#QueNonChova!
07.07.2025 18:32
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Ponte da Misericordia chea de xente camiñando cara o Resurrection Fest
Xa comezou a romaría dos resurreccionistas en Viveiro 😅
25.06.2025 17:49
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0
Que ben se está no noso benquerido refuxio climático 😍
25.06.2025 15:34
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Mañá viaxo a Italia para participar no festival do "Premio Ostana - Scritture in Lingua Madre".
Arredor diso escribin para Il Manifesto sobre as tensións entre a identidade lingüistica, a memoria política e as posibilidades da ficción na escrita literaria contemporánea nunha lingua minorizada. ✨
25.06.2025 08:25
👍 27
🔁 6
💬 1
📌 1
Coñezo unha rapaza nesa situación en Mallorca: 5 adultos que non son familia, compartindo un apartamento de 2 dormitorios que custa ao mes 2600€+ gastos
25.06.2025 09:18
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Herba de San Xoán (hipérico) na muralla romana de Lugo. Ten propiedades antisépticas e cicatrizantes, e mesmo se usa como antidepresivo, pero pode interferir no uso doutros medicamentos (como anticoagulantes e anticonceptivos).
24.06.2025 11:27
👍 6
🔁 0
💬 1
📌 0
Sorte tiveches. No meu caso foi do revés: tiña que pillar un BusALugo™ e estaba a EA Coruña tomada por adolescentes borrachos e a nacional tentando poñer orde. Ao final puiden saír, con 15 mins de atraso.
#busalugo
24.06.2025 06:57
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Madrugar para ir currar e atopar os restos da mellor parrilla do mundo... 😅
#reciclaxe #lumenovo #sanxoan
24.06.2025 06:52
👍 10
🔁 2
💬 0
📌 0
O billete Coruña-Santiago custa 7,35€ en traxecto simple e 6,10€ en ida e volta. Co bono de 10 viaxes sairía cada traxecto en 2,70€.
23.06.2025 16:16
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
19.06.2025 19:08
👍 2
🔁 0
💬 1
📌 0
A raíña felina desta casa ten varios alcumes. Un deles é "a arqueóloga". Polo balbordo que chega do areeiro, debeu de chegar aos estratos do Paleolítico inferior...
19.06.2025 11:57
👍 0
🔁 0
💬 1
📌 0
Por fin ás 14:45 h apareceu un bus. O teléfono de Arriva, coma sempre, inoperativo.
18.06.2025 12:48
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Quedaría o condutor, e por iso non aparece?
18.06.2025 12:34
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0
O meu bus a Lugo de hoxe non aparece! Somos unha pila de xente agardando na EA Coruña polo bus de Arriva que tería que ter saído ás 14:30 h...
18.06.2025 12:31
👍 2
🔁 0
💬 2
📌 0
Na Coruña vai tanta calor, que a miña gata APARTOU DO SOL! Normalmente ten o seu espazo acolchoado para botar sesta na miña mesa de estudo fronte á fiestra, pero mudouse para a mesa contigua, detrás da maquina de coser...
18.06.2025 11:38
👍 4
🔁 0
💬 0
📌 0
Cantos puntos de galeguidade/lucensismo gañei hoxe por andar todo o día cargando 1,5kg de chourizos do bolso? Pilleinos pola mañá no mercado de abastos de Lugo para levarllos á miña irmá (que mos encargara) a Compostela.
17.06.2025 19:13
👍 6
🔁 0
💬 2
📌 0
Eu só coas raíñas do crime xa encho un post: A. Christie, Ruth Rendell, Mary Higgins Clark, Patricia Cornwell, Patricia Highsmith, Camilla Läckberg, Donna Leon, Fred Vargas...
17.06.2025 17:26
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
O que me contaron a min é que os colonos viñan da montaña, afeitos a pouco gando e pouca terra que se traballaba en intensivo, e custoulles moito a adaptación a explotacións en extensivo.
17.06.2025 17:18
👍 2
🔁 0
💬 1
📌 0
O das citas de xine son un auténtico cachondeo. Meses de espera para que che dean cita, e habitualmente chaman de repente ás 21 h para citarte ao día seguinte. Son autónoma e coido dun familiar con Alzhéimer, como pretenden que me organice?
16.06.2025 11:03
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Eu optei pola academia privada, xa que na Coruña non imparten o meu nivel. Examínome en xullo do HSK4. Estou disfrutando moitísimo da aprendizaxe do chinés.
16.06.2025 10:59
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Fixen "arròs negre" e estáseme ocorrendo a malísima maldá de gardar uns grauciños para sementalos na cas da miña irmá e que pense que lle volveron os ratos...
(tranquilos que resistirei a tentación)
15.06.2025 13:30
👍 2
🔁 0
💬 2
📌 0
Na Coruña levan un tempo no Rego de Auga, e póñense na rúa a berrar chamando pola xente como se fose unha feira!!!
14.06.2025 21:42
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0