GCiencia's Avatar

GCiencia

@gciencia

Xornalismo + Divulgación

885
Followers
40
Following
1,751
Posts
02.12.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by GCiencia @gciencia

Post image

Mañá estreamos as mesas redondas do Ciencia en Feminino, o ciclo de charlas de GCiencia en colaboración coa
Deputación de Pontevedra polo 8M. As investigadoras Laura Castro (@citicresearch.bsky.social), Gloria González (@cispac.bsky.social) e Beatriz Fernández (@igfae.gal) derrubarán estereotipos.

10.03.2026 18:29 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Un equipo galego patenta un sistema para detectar a orixe do radon en interiores O método consta de sensores dentro dun vehículo autónomo que percorre as instalacións e mide as concentracións de gas en distintos lugares

Un equipo galego patenta un sistema de sensores móbiles e estáticos dentro dun vehículo autónomo que percorre as instalacións e mide as concentracións de radon en distintos lugares.

10.03.2026 17:46 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Unha nova estratexia deseñada no CiQUS permite crear arquitecturas moleculares ata o de agora inalcanzables O equipo construíu un pentámero de ftalocianinas, unha nanoestructura inédita que integra propiedades relevantes nunha única molécula

Un equipo do @ciqus.bsky.social logra construír unha nanoestrutura inédita que integra propiedades electrónicas e magnéticas relevantes nunha única molécula.

10.03.2026 17:09 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Novas claves para entender por que os cerebros dos 'superanciáns' non envellecen Un recente descubrimento engade novos detalles sobre a natureza excepcional dos cerebros dos superdotados sénior

Os "superanciáns" son persoas maiores de 80 anos que conservan unha memoria como a de alguén de 50. Pero... como é isto posible?

Así nolo explica a investigadora da @usc.gal Jannette Rodríguez Pallares nun artigo de @es.theconversation.com.

10.03.2026 15:56 👍 5 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
O TSXG denega á Xunta as batidas de control do lobo por falta de probas técnicas A resolución consideran insuficientes os datos achegados e conclúe que non se acreditou un aumento de ataques

O TSXG denega á Xunta as batidas de control do lobo en Cercedo-Cotobade, Curtis e Ferrol por considerar insuficientes os datos achegados e non acreditar un aumento de ataques.

10.03.2026 11:08 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 1
Preview
Un orixinal da Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Fontán sae a poxa en Madrid por 2.500 euros O matemático consagrou 17 anos da súa vida para crear o primeiro mapa científico do Estado, que colocou Galicia na vangarda da cartografía

O matemático Domingo Fontán logrou todo un fito no século XIX: creou o primeiro mapa científico do Estado. Agora, un orixinal da súa Carta Xeométrica de Galicia sae a poxa por 2.500 euros en Madrid.

10.03.2026 10:13 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Un herbario do século XIX conserva a orixe da primeira flora sistemática de Galicia Investigadores da UB analizan documentos de José Planellas que serviron para clasificar as plantas por familias, xéneros e especies

O herbario do botánico catalán José Planellas garda a historia da flora galega do século XIX, cunha maioría das plantas prensadas recollidas na Coruña.

10.03.2026 08:39 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Galicia rexistra unha tendencia á baixa no consumo de alcohol e drogas no alumnado de secundaria Detectado un descenso no uso de alcohol, tabaco, cánnabis, hipnosedantes e bebidas enerxéticas entre a mocidade galega de entre 14 e 18 anos

O consumo intensivo ocasional de alcohol cae á metade nos últimos dous anos entre a mocidade galega de entre 14 e 18 anos. Tamén descende o uso doutras substancias.

09.03.2026 18:01 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Como afecta o releve galego na visibilidade da eclipse total de agosto? Consúltao neste mapa O modelo do Instituto Xeográfico Nacional sinala áreas nas que as montañas bloquearán a observación cando o Sol se atope moi baixo no oeste

Unha nova funcionalidade do visualizador de eclipses do Instituto Xeográfico Nacional amosa que zonas de Galicia quedarán en sombra polas montañas durante a eclipse total do 12 de agosto.

09.03.2026 15:28 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) publica un estudo sobre a colchicina, un fármaco empregado para previr e tratar gromos agudos de gota. No artigo analizan o seu impacto en trastornos óseos como a osteoporose.

👉 shorturl.at/pHkCS

09.03.2026 12:45 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Un equipo da Uvigo analiza o potencial da IA para contrastar dato se combater desinformación. Pero o estudo tamén detecta desigualdades sutís mediante nesgos de xénero.

👉🏼 shorturl.at/6Q1Jk

09.03.2026 11:18 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Os grandes incendios do verán de 2025 arrasaron máis de 156.000 hectáreas en Galicia. Sete meses despois, as borrascas caeron sobre solos queimados e sen protección, facendo que a recuperación leve décadas ou mesmo séculos.

👉🏼 shorturl.at/XAyAG

09.03.2026 08:46 👍 2 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
Onde están as mulleres (científicas) nas noticias? A pesar de ser a metade da poboación, apenas ocupan o 26% das noticias como suxeitos e fontes, especialmente en ámbitos como a investigación

Os estudos evidencian unha infrarrepresentación feminina na cobertura informativa, especialmente en ámbitos como tecnoloxía ou investigación, onde as voces autorizadas son maioritariamente masculinas.

08.03.2026 11:16 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Recaer no consumo de cocaína non é falta de vontade: así é como a droga reconfigura o cerebro Un estudo revela o mecanismo polo que a substancia altera o funcionamento do hipocampo e provoca a compulsión continua por consumila

Un estudo revela o mecanismo polo que a cocaína altera o funcionamento do hipocampo e provoca a compulsión continua por consumila. A investigación abre novas vías para buscar tratamentos farmacolóxicos contra a adicción.

07.03.2026 10:30 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño Un proxecto coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Un proxecto europeo coordinado pola @usc.gal transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións para o tratamento de enfermidades infecciosas animais.

06.03.2026 13:00 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O CiMUS lanza seis contratos formativos para atraer talento mozo A iniciativa está destinada a estudantes predoutorais e o prazo para a presentación de solicitudes remata o 19 de abril

O @cimususc.bsky.social abre o proceso selectivo para o programa formativo de persoal investigador predoutoral. O prazo para a presentación de candidaturas remata o 19 de abril.

06.03.2026 09:57 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
De hórreos a torres medievais: 18 bens patrimoniais galegos entraron na Lista Vermella no último ano Dez monumentos están en Lugo, catro na Coruña, dous en Ourense e dous en Pontevedra, segundo o catálogo da asociación Hispania Nostra

Do hórreo do cura de Ribela ao balneario de Frádegas. Este son dous dos 18 bens galegos que entraron na Lista Vermella do Patrimonio no último ano. Todos están nunha situación límite.

06.03.2026 08:48 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Morre o arroaz Ladiña a causa dun accidente cunha hélice Cría e nai percorreron durante case dous anos distintos portos das rías galegas tras seren detectadas por primeira vez na Guarda en 2024

Ladiña, a cría de Ladeira, o arroz que percorre os portos das rías galegas, morre a causa dun accidente cunha hélice. Así o informan dende a @cemmacetaceos.bsky.social.

05.03.2026 17:44 👍 2 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
Galicia rexistrou o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século A precipitación media alcanzou 800 litros por metro cadrado entre decembro e febreiro, cun incremento do 81% respecto á media climática

Estamos ante o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século: a precipitación media acadou 800 litros por metro cadrado entre decembro e febreiro.

05.03.2026 15:55 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 1
Preview
Seis destinos Starlight en Galicia onde ver a eclipse de agosto na súa totalidade O fenómeno astronómico ocorrerá o 12 de agosto a última hora da tarde e a comunidade será un dos mellores lugares do mundo para observalo

Galicia será un dos lugares onde mellor se verá a eclipse de sol do 12 de agosto. Nestes seis destinos Starlight poderá contemplarse en toda a súa totalidade.

05.03.2026 15:01 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Por que as hortensias son tóxicas? O caso das cabras que morreron en Baiona Unha decena de animais dun gandeiro perden a vida tras inxerir restos de poda que contiñan unha planta tóxica capaz de producir cianuro

A hortensia é unha planta ornamental moi común. Con todo, a inxestión de restos de poda dunha decena de cabras en Baiona provocou a súa morte.

05.03.2026 12:53 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Ciencia en feminino, con África González

Non viches o último episodio de Ciencia en feminino, o ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo #8M?

Agora tamén podes escoitalo en formato pódcast!

Entrevistamos a inmunóloga África González do @cinbio.bsky.social.

05.03.2026 12:46 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Unha fronte fría afunde as temperaturas en Galicia: 10 graos menos en só 24 horas A inestabilidade persistirá ata o mércores da vindeira semana, cando se agarda unha tendencia a tempo máis seco

Volve coller o abrigo porque as temperaturas caen ata 10 graos en só 24 horas. A responsable é unha fronte fría que traerá de novo a chuvia a Galicia.

05.03.2026 11:12 👍 17 🔁 4 💬 0 📌 2
Preview
África González: “Xa se notan os efectos dos antivacinas: o sarampelo volveu con forza” A inmunóloga foi a primeira convidada de 'Ciencia en feminino', o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación polo 8M

Aínda non viches o primeiro episodio de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo #8M?

A nosa primeira convidada foi a inmunóloga África González do @cinbio.bsky.social. Podes ler o resumo da entrevista nesta ligazón 👇

05.03.2026 08:41 👍 5 🔁 1 💬 0 📌 1
Ciencia en feminino, con África González
Ciencia en feminino, con África González YouTube video by GCiencia

EN DIRECTO 🔴 | Comeza a primeira sesión de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra.

A nosa primeira convidada é a inmunóloga África González, do
@cinbio.bsky.social.

Podes seguir aquí a entrevista 👇

04.03.2026 18:01 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Vivenda, traballo e lecer: cal é a provincia máis feliz de Galicia? Ourense e Lugo sitúanse á cabeza do benestar segundo datos do IGE, mentres Pontevedra rexistra as valoracións máis baixas

Ourense lidera o benestar en Galicia e Lugo síguea moi de preto. Pontevedra, pola contra, rexistra as puntuacións máis baixas. Descúbreo cos últimos datos do IGE.

04.03.2026 17:04 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 1

#8M| A líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO, África González, participa esta tarde no ciclo de charlas 'Ciencia en feminino', promovido por @gciencia.bsky.social en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

▶️ En directo a partir das 19h na canle de Youtube de GCiencia!

Máis ℹ️ en bit.ly/4smJlHx

04.03.2026 14:25 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Un investigador galego gaña un premio internacional por un artigo sobre as xaquecas Os achados do estudo premiado abren novas perspectivas para desenvolver estratexias terapéuticas máis precisas para a hemicrania

O traballo do investigador do IDIS Alberto Ouro Villasante foi recoñecido co Premio á Mellor Publicación Científica do ano 2025 da revista 'Headache'.

04.03.2026 13:04 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Non perdas a primeira charla de Ciencia en feminino en colaboración coa Deputación de Pontevedra!

❗️A nosa primeira convidada é a inmunóloga África González.

🗓️ Agardámoste esta tarde ás 19 horas.

Podes seguir a entrevista nesta ligazón 👉 shorturl.at/qpWXD

04.03.2026 12:50 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 1
Preview
Unha masa de aire africana empeora a calidade do aire en Galicia Os modelos de Copernicus prevén un aumento das partículas en suspensión e unha posible deposición húmida durante as próximas horas

A intrusión de po sahariano deixa ceos turbios en Galicia e pode elevar as concentracións de partículas en superficie, o que empeorará a calidade do aire ata o xoves.

04.03.2026 12:19 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0