Así celebramos (por adiantado) o Día Internacional das Nenas nas TIC en #telecoVigo, coa xornada #ElasFanTIC
teleco.uvigo.es/novas/2026/0...
@vigotecnoloxico
Vigo Tecnolóxico é o Campus de Especialización da @uvigo.bsky.social que aglutina as competencias científicas e tecnolóxicas nos ámbitos da telecomunicación, tecnoloxías, enerxía e procesos industriais. 🌐 https://vigotecnoloxico.uvigo.es/
Así celebramos (por adiantado) o Día Internacional das Nenas nas TIC en #telecoVigo, coa xornada #ElasFanTIC
teleco.uvigo.es/novas/2026/0...
Ademais dos nosos docentes, tamén hai profesionais de empresas da rede #conexionTeleco impartindo charlas divulgativas por colexios e institutos para fomentar o interese polas carreiras STEM. E algúns deles son exalumnos ou exalumnas de #TelecoVigo!
👥🌍 O valor que as persoas teñen para a UVigo tradúcese no seu compromiso coa acción solidaria orientada tanto á súa contorna máis próxima a través de proxectos de voluntariado como aos países en vías desenvolvemento.
Máis charlas divulgativas #beTelecoVigo!
9/3 - Enrique Costa no IES de Barro - Seguridade en dispositivos móbiles
5/3 - Jaime González no IES María Soliño de Cangas - O teu algoritmo e ti
4/3 - Carlos Mosquera en Salesianos Ourense - Ecos do invisible
Es alumna ou alumno de 2º do grao #telecoVigo e aínda non sabes cal das 4 Mencións escoller o próximo curso?
Non perdas esta sesión informativa o vindeiro mércores, 18 de marzo!
#somosTelecoVigo
🟣 @cintecx.bsky.social e #AIMEN presentaron antonte a exposición itinerante "Mulleres Investigadoras CINTECX-Aimen" na sede campus da #EEIUVigo. Pode visitarse no seu vestíbulo ata este venres.
Interesante entrevista á catedrática de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Ana Fernández Vilas en Mujeres en la onda de Radio Voz Vigo e @lavozdegalicia-bot.bsky.social 👌
Podes lela e escoitala en www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo...
Felices de atopar neste artigo sobre pioneiras de @lavozdegalicia-bot.bsky.social á docente de #TelecoVigo Edita de Lorenzo, a primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia (en 2009). Ela mostra a súa preocupación pola fenda de xénero que aínda existe nas carreiras STEM
Seguimos espallando a nosa paixón pola telecomunicación!
O pasado venres, a docente de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Laura Docío impartiu a charla "Rompendo barreiras de comunicación coa Intelixencia Artificial" no IES Illa de San Simón de Redondela.
Xeracións en simbiose: unidas polos nosos dereitos. i.gal/8m2026
#8demarzo
🔍🎓 O Observatorio de Persoas Tituladas realiza un seguimento das persoas tituladas a partir do estudo das súas traxectorias e da súa situación laboral. Deste xeito, a UVigo dispón de información actualizada e útil para a toma de decisións.
🎥 Velaquí un videorresumo do vivido os días 24 e 25 de febreiro no Foro Tecnolóxico de Emprego, que marca un novo récord de participación empresarial e consolida o seu liderado nacional.
➡️ https://f.mtr.cool/kjramfhwhd
#MáisUVigo #UVigo100x100 #SempreUVigo #VivoUVigo #XeraciónUVigo
Elas fan TIC | 45 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria virán mañá a #TelecoVigo para participar en dous talleres técnicos impartidos por alumnas da Escola. Con esta xornada, patrocinada pola cátedra Indra, conmemoramos por adiantado o Día da Muller e da Nena nas TIC 👩💻
Unha das cousas que máis valoran os nosos estudantes de Teleco é a cantidade de portas que lles abre esta carreira. Lucía, por exemplo, aínda non ten claro que camiño profesional quere seguir, pero sabe que poderá escoller o que máis se axuste ao que lle apaixona.
#beTelecoVigo
Mañá e pasado estará a unidade móbil de doazón de sangue diante da Escola, en horario de 09:30 a 14:30 h. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros!
#doasangue
O 20 de febreiro tamén estivo Juan Carlos Burguillo no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo impartindo a charla "Intelixencia Artificial: aplicacións, beneficios e riscos".
#beTelecoVigo | Os nosos docentes de #TelecoVigo e investigadores de #AtlanTTic ofrecen diversas charlas divulgativas a centros preuniversitarios, para espertar o interese dos nenos e nenas pola telecomunicación e os estudos técnicos.
Temos que pospor a xornada de portadas abertas.
A data definitiva será o xoves 16 de abril de 2026, ás 16:30. A non perder!
#beTelecoVigo
💡 O CITI busca potenciar o desenvolvemento do I+D+i nas empresas, mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento desde a universidade ao tecido empresarial.
Estás pensando que estudar e interésante as tecnoloxías que conectan o mundo? Queres saber en que consiste o grao de teleco, coñecer as nosas instalacións ou descubrir as vantaxes desta carreira? Vén o 9 de abril o día de portas abertas!
Inscríbete xa en bit.ly/PortasAberta...
Acabamos de visitar o #ForoTecnolóxico de #Emprego, que un ano máis patrocinamos con moito orgullo. Esta tarde, acto de clausura desta exitosa edición!
A nosa Escola acolleu onte o acto de presentación do XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego! Durante dous días, o alumnado poderá achegarse ás empresas do sector a través de este evento creado por e para estudantes 👏
Hoxe en @atlantico.net falan da nova mención dual do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación.
#beTelecoVigo
www.atlantico.net/vigo/teleco-...
O docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Carlos Mosquera estivo o pasado xoves no IES Ricardo Mella de Vigo falando dos "ecos do invisible", eses sinais que nos permiten observar o interior do noso organismo ou localizar avións...
#beTelecoVigo
O pasado venres estivemos con #UvigoSpaceLab na feira de innovación #InnovAmes, con moitas visitas dos centros educativos e un gran ambiente!
O venres asinouse o convenio de colaboración para a creación da Cátedra BorgWarner-UVigo, que ten por obxectivo regular a colaboración estable das escolas de #TelecoVigo e Industriais coa empresa de solucións de propulsión e xestión térmica para a industria da automoción.
⚠️ Este martes 24 terá lugar o acto de presentación da nova convocatoria de Axudas a Doutoramentos Industriais 2026, aberta ao persoal investigador.
➡️ https://f.mtr.cool/ovevukivef
#MáisUVigo #XeraciónUVigo
📡 Encántanos dedicar a mañá de hoxe a achegar #UVigoSpaceLab á rapazada que asiste á feira de innovación #InnovAmes!
É Teleco tan difícil como din? 🤔
Como contan os nosos estudantes Jorge, Lucía e Hugo, non hai que ser un xenio: coa asistencia regular á clase e constancia no traballo diario, resulta totalmente accesible.
#beTelecoVigo
Os días 24 e 25 de febreiro terá lugar o Foro Tecnolóxico de Emprego!
Non perdas a oportunidade de falar coas empresas, e participar en workshops especializados ou en speed recruiting.
teleco.uvigo.es/evento/xxvi-...