Tiña que ser algo digno de ver. Imaxina quitar o po de aí.
@magago
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
Tiña que ser algo digno de ver. Imaxina quitar o po de aí.
Todos os bibliófilos gozamos curioseando as bibliotecas alleas mentres os anfitrións van preparar o café. Sarmiento xa non nos vai preparar ningún pero podemos abraiarnos co inventario (non rematado) de 4.500 libros.
consellodacultura.gal/publicacion....
Henrique Monteagudo: "No momento da morte de Martín Sarmiento, a biblioteca que gardaba o frade na súa cela tiña uns seis mil volumes. Por comparar, a de Voltaire estaba nos 3.000, a de Adam Smith en 1.625 e a de Jovellanos nos 1.700 volumes".
...pero se foramos viaxeiros medievais e accederamos polo antigo camiño do mosteiro, observariamos a vista orixinal, que é espectacular. Por iso cando restauramos un monumento deberamos ter un plan para a paisaxe que o envolve. E non pasa nada por talar.
Un detalle no que ás veces non reparamos é que todo espazo humano está pensado para ser visto desde un punto de vista concreto, e ás veces non coincide co lugar polo que hoxe chegamos a ese lugar.
Esta é a vista que hoxe vemos cando chegamos ao mosteiro de Carboeiro.
Pero...
Portas do Deza.
E se queredes inscribirvos, aquí tedes o formulario:
docs.google.com/forms/d/e/1F...
Xa está dispoñible o programa do CAD Lalín, o Congreso de Arqueoloxía de Deza, que se celebrará o 21 e 22 de marzo. Andarei por aí moderando unha mesa sobre patrimonio e desenvolvemento local, pero hai moitos relatorios interesantes!
No artigo que andan moitos incautos compartindo estes días sobre a suposta "descuberta" das Aras Sestianas preto de Fisterra non se achega nin a máis mínima evidencia -repito, nin a primeira- de que esas aras estean nesas localizacións. Nin sequera un miserable indicio. Tremendo.
Quedou chula, verdade? Un monllo de florciñas que poderías coller tanto na ribeira escocesa como galega.
Entrementres, agradecería moito 💟 e RTs para axudar a que o libro se coñeza e poida chegar ás persoas interesadas.
Calquera axuda é boa!
O libro estará dispoñible en librarías o 18 de marzo. Aquí tedes a ficha.
Téñovos informados das presentacións. Se desde a vosa asociación ou entidade queredes organizar unha, non tedes máis que comentalo comigo (magago arroba gmail.com).
t.co/XpYh5yyHVP
Vai desde os castelos dos lochs nos que se servía viño do Ribeiro ata as mámoas que agochan no seu interior inscricións que conducen a Galicia.
E vai tamén da miña viaxe persoal, porque todos cambiamos cando decidimos facer un tránsito. E Escocia é un marcador vital para min.
Esta historia lévanos desde o Pilar do Aprendiz da capela de Rosslyn ata a sancristía de Oseira. Vai moito máis alá dos típicos relatos do celtismo, e explora dúas culturas europeas das marxes do continente e unha historia de relacións pensada os diálogos do século XXI.
Pero sobre todo 'Ata que os mares sequen' é un ensaio dun novo tipo de diálogo literario que creo pouco frecuente en Galicia: o de dúas culturas nacionais falando de ti a ti, sen prexuízos, explorando as súas conexións pero tamén conectadas no marco da Europa atlántica.
Nunca imaxinei o lonxe que me ía levar esta viaxe. Dun límite do imperio romano a outro, acompañado de guerreiros, escritores, bruxas e raíñas, poetas e médicos. Cada capítulo é un diálogo cun pé en Galicia e outro en Escocia, saltando como fai a nosa cabeza cando viaxamos aló.
'Ata que os mares sequen' naceu como un libro de viaxes. Pero medrou para ser converter noutra cousa: unha exploración das historias que conectan un rico legado común que une a Escocia e Galicia. Pero tamén de como esas historias discorreron en marabillosos paralelos.
'Ata que os mares sequen' nace desa sensación que vivimos cando visitamos un país atlántico.
Intúes que lendaa che van contar.
Intúes que hai na volta do camiño.
Sabes como remata o chiste.
Pasas todo o tempo comparando acó e aló.
As nosas culturas conversan dentro de nós.
Con moita ilusión preséntovos o meu novo libro:
Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega.
Unha viaxe entre estradas, montañas e libros ao longo de dous países con historias comúns, camiños paralelos e diverxentes. Está editado con @morganteedicions.bsky.social.
“Un dos principais desafíos dun creador cultural é calibrar ata onde pode der chegado como autor e decidir en consecuencia.”
x.com/taboaredonda...
Este xoves, en Bruxelas, conversamos en voz alta sobre como construír unha identidade galega que aproveite a diversidade e riqueza do noso pasado e nos proxecte cara o futuro. Anécdotas, algunhas risas e moita conversa.
Pero iso está lonxe do Ourense da Esmorga… de feito, a Esmorga sería pouco factible aí… 😉
Nace unha nova empresa con capital do Estado para aproveitar os grandes recursos naturais de Galicia.
Quen debuxou os osos do escudo de Oseira en 1677 creo que tiña ganas de cocido.
"Crea unha canción de rock cantando en galego". Non lle pedín máis, non sexades mal pensados.
Se me din que este corte de música que lle pedín a Lyria, o novo xenerador musical de Google Gemini, o gravaron Los Limones ou Teo Cardalda créomo totalmente.
En 2008 fíxenlle esta foto a Vicente o Ferreiro no Mazo da Porteliña (A Fonsagrada). De aquela ese lume xa só se prendía como un agasallo da memoria. Míroa tantos anos despois e ségueme hipnotizando.
"Ao sur da praia do Almacén de Sálvora hai dous elementos catalogados como «Enterramentos de náufragos». O primeiro non o lembro, pero moito mirei para o segundo as poucas veces que visitei a illa".
www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
Se che gustou, xa sabes que un 💟 ou un RT axudan a que a historia se coñeza!
Por agora , non estou totalmente certo de se José Sánchez Seijas gravou o seu nome nos acontecementos dese abril de 1846. Pero todo apunta nesa dirección, que nos emociona e nos conecta entre xeracións.
Agora só falta atopar a pasaxe secreta de san Martiño Pinario!