Boa tarde, o obxectivo é que volvan funcionar, pero, nestes momentos, supoñen un grave problema de seguridade para o que estamos a procurar unha solución.
Boa tarde, o obxectivo é que volvan funcionar, pero, nestes momentos, supoñen un grave problema de seguridade para o que estamos a procurar unha solución.
A @usc.gal acolleu hoxe o 'II Encontro Luso-Galaico de PNL', impulsado polo proxecto @nos.gal no marco da iniciativa #ALIA, promovida polo Goberno central.
Persoal investigador, empresas e institucións reuníronse para avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe para o galego-portugués.
👇
🗣️ Xa está aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de Galego sen fronteiras, o curso de verán de lingua e cultura galegas que terá lugar do 3 ao 24 de xullo en Santiago de Compostela.
🗓️ Podes inscribirte ata o 6 de abril.
👉 Para máis info escanea o QR
#GalegoSenFronteiras #ILG #USC
🫱🏾🫲🏾🗣️ Onte inauguramos no ILG o noso Punto de Igualdade.
🟰 Un novo espazo creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto, pensado para ofrecer información, apoio e protección a todas as persoas do centro e da USC.
Agradecémoslle a presenza a Sonia Esperanza Rodríguez Boente.
#ilgUSC #USC8M
📢 Últimos días para inscribirse con tarifa reducida no CIDS 2026!
⏰ Lembrade que o prazo para realizar o pagamento con tarifa reducida remata o 9 de marzo.
🔗 Máis información e inscrición en 👉 ilg.usc.gal/cids2026
⏳ Ampliación de prazo!
Amplíase ata o 15 de marzo de 2026 o prazo para o envío de propostas ao coloquio internacional sobre prácticas heteroglósicas nos espazos hispano-lusófonos, que se celebrará en París en 2026 e no que participa o ILG como coorganizador.
🔗 ℹ️: pratheterogloss.sciencesconf.org
📚✨ O alumnado do CEIP López Ferreiro achegouse ao ILG para coñecer a que foi residencia de Rosalía de Castro entre 1863 e 1865… e acabou descubrindo tamén todo o que se fai hoxe dentro do Instituto!
📢 Carsten Sinner falará o día 3, ás 11 h, no ILG sobre contacto galego e castelán en América.
🗣️ Abordará a cuestión de por que o galego apenas espertou o interese da lingüística hispánica. Ademais, presentará exemplos concretos de influencias lingüísticas do galego sobre o castelán do Uruguai.
👇
🗣️👉🏼Es PDI nunha universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia? O ILG convoca 2️⃣ axudas, financiadas polo @culturagob.bsky.social, para a realización de estadías de 2 a 4 semanas no seu centro!!
💰Máximo de 1500 €
🗓️ Envío de solicitudes ata 24/03
🧷 ilg.usc.gal/gl/novidades...
🗣️📚 Onte recibimos no ILG a visita de Rosa Crujeiras, candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, que acudiu xunto a Ana Cabana e Marcelino Maneiro, membros do seu equipo, para escoitar as nosas dúbidas e preocupacións.
Grazas pola visita e polo diálogo aberto! 🤝
🫱🏾🫲🏾O ILG reforza o seu compromiso coa investigación en Humanidades Dixitais coa designación de Vítor Míguez como coordinador de CLARIAH-GAL.
Esta infraestrutura dixital, impulsada polo noso Instituto en colaboración co CiTIUS, forma parte de CLARIAH-ES.
@clariahes.bsky.social
O coloquio vai ser retransmitido por Zoom (anu.zoom.us/j/8468141404...) e tamén vai ser gravado.
Carmen Parafita, Montse Recalde e Carme Silva, membros do ILG, presentan "Authority, Authenticity, and Variation: The Sociolinguistic Ecology of Galician" no congreso de AILASA sobre diversidade lingüística en España.
🗓️20/02 en Australia - 19/02 en Galicia
⌚8:30 Canberra / 22:30 Galicia
📹 Zoom 👇
🎭 O Entroido fai comunidade.
Nesta gravación de 2006 recollida no Arquivo do Galego Oral, un home de 80 anos fala sobre o Entroido de Caldesiños, en Viana do Bolo, en que participaba toda a xente da aldea. Fala da preparación dos traxes, das disputas, das comparsas...
Viva o Entroido!! 🥁✨
💞 Antes do Tinder, moceábase: petábase á porta, falábase un anaco, íase ás romarías e ás foliadas…
❤️🥖🍷Nas vodas había regueifa, carolo e ata cinzarrada!
Este #DíaDosNamorados deixámosvos as regueifas dunha muller de Aríns (Santiago).
🎧 Gravación no Arquivo do Galego Oral
📸 Imaxes da Galiciana
🎶 Como soaba a Galicia do século XIX?
O Grupo FILGA da USC organiza este seminario, coordinado polo investigador do ILG Pablo García Martínez, no que Eva Moreda Rodríguez (University of Glasgow) abordará as paisaxes sonoras históricas para reinterpretar a cultura e os textos do XIX desde o son. 🎧
Estamos en época de comer cocido e un ingrediente básico é o porco. Aquí tedes o mapa inédito de "porco" do 'Atlas Lingüístico Galego'. Tede en conta que en varios puntos foi indicado que o "rancho" é o porco pequeno.
"O cocido, ben cocido; e o asado, mal asado". (Dicionario de dicionarios)
📈 A implicación do alumnado de Ames e das súas familias permitiu un notable aumento das gravacións de fala espontánea, con voces diversas e contidos moi variados en #galego.
🩵 Grazas a todas as persoas participantes! A plataforma continúa aberta para seguir colaborando. 🫱🏾🫲🏾
🎙️ O Proxecto Nós, en que participan o ILG e o CiTIUS, colaborou con Modo Galego. Actívao! cun reto de doazón de voz en Common Voice. Esta é unha iniciativa de dinamización lingüística da Real Academia Galega e do Concello de Ames.
🎙️ A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra participou na 6ª edición da escola de inverno ALPES (Zürich–Lausanne), onde abordou os desafíos metodolóxicos no estudo de actos de fala pouco frecuentes. A partir do caso do piropo, reflexionou sobre datos naturais, dilemas éticos e o uso do DCT. 🧠📊
🎙️ A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra participou na 6ª edición da escola de inverno ALPES (Zürich–Lausanne), onde abordou os desafíos metodolóxicos no estudo de actos de fala pouco frecuentes. A partir do caso do piropo, reflexionou sobre datos naturais, dilemas éticos e o uso do DCT. 🧠📊
📚 María Álvarez de la Granja, Marta Negro e Reis Rodríguez participaron na III Xornada Experiencias Con-Ciencia na Facultade de Filoloxía. 🧠 O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I iniciouse na lingüística galega cunha xincana divertida 🎲🔍🤝
Feliz día da Candeloria!! ❤️🐦🐦❤️
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar".
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'.
ilg.usc.gal/ddd/
#ilgusc #Candeloria #inverno #Dicionariodedicionarios
🗣️🌍 Estela Fidalgo-Garra (ILG) e Miguel Guisantes-Alonso participaron no LIV Simposio da Sociedad Española de Lingüística cun relatorio sobre as tensións ideolóxicas entre o galego e o inglés nos discursos da mocidade galega.