Última obra realizada. Nesta ocasión un 'cuadríptico' que leva por título "Lembranza das primeiras pegadas da primavera". (Técnica mixta sobre lenzo, 41x62)
Última obra realizada. Nesta ocasión un 'cuadríptico' que leva por título "Lembranza das primeiras pegadas da primavera". (Técnica mixta sobre lenzo, 41x62)
7.3.El Progreso
As mentiras de guerra, tan utilizadas na actualidade, forman parte dun sistema —democracia de audiencias— que permite que se poida mentir impunemente, porque vivimos nunha dramatización continua da realidade e existen protagonistas, público ‘consumista’ e diversos actores secundarios
NON Á GUERRA!!!
NON AO IMPERIALISMO XENOCIDA DAS ÉLITES DIRIXENTES!!!
NON Á DESHUMANIZACIÓN DA HUMANIDADE!!!
28.2.26. El Progreso
Non son moitas en Europa as familias que na súa árbore xenealóxica —avoenzas, ascendencias ou liñaxes— conteñan froitos persoais en tan alto número de membros de recoñecida calidade literaria e artística como é, entre nós, o caso da familia de Xosé María Álvarez Cáccamo
Muito obrigado, Celso.
As fotógrafas fotografadas. Ese podería ser o título. Ana García (La Voz de Galicia/Carballo) e Mar Casal (Diario de Bergantiños) Era unha ocasión excelente para levar a cabo o 'acto fotográfico'. E aí están as dúas (cámaras en man): as fotógrafas que nos 'iluminan' a realidade cotiá de Bergantiños.
21.2.26 El Progreso
"En realidade, como ben sinala Leonardo Boff, estamos asistindo hoxe a un claro proceso de ‘deshumanización metódica’, o que Naira Delgado, profesora na U. de La Laguna, entende como percibir e tratar a outras persoas, ou colectividades, como se non foran plenamente humanas"
2ª Sesión do Seminario "Arredor de si, arredor de nós"
En Carballo, Espiral Maior Foro, coa poeta arxentina Marisa Martínez Pérsico. Un acto literario celebrado dentro do programa da Deputación da Coruña "Poldra. Literatura expandida".
Marisa Martínez Pérsico, Premio Nacional de Poesía de Arxentina, é unha das grandes voces da poesía contemporánea.
Hai uns días, en Brión, co irmán maior e mestre.
14.2.26 El Progreso
(...) De nada valeu que o xeógrafo alemán Martin Waldseemüller en 1507 publicara un mapa definindo “América”, en honor ao italiano Américo Vespucio, como un ‘novo continente’.
7.2.26 El Progreso
O certo é que o Dep. de Xustiza EEUU acaba de liberar + de 3 millóns de páxinas dos arquivos do pederasta Epstein, incluídos miles de vídeos, e un bo número de ‘personalidades’ mundiais —tamén españolas— aparecen nos ‘papeis’ en diversas posicións, categorías, pautas e tipoloxías
O mércores 11 de febreiro, nas Portas Ártabras da Coruña, presentación do novo libro de poemas da Premio Nacional de Poesía, gran poeta, Pilar Pallarés. O título da obra, todo un acontecemento literario, é "Contra humana parte" e está publicada na colección Alba Longa de Edicións Espiral Maior.
31.1.26 El Progreso
Perseguida pola admin. Trump, o Goberno Vasco concedeulle o Premio Cassin “pola súa firme dedicación na defensa dos dereitos fundamentais e do Dereito Internacional Humanitario”, e 3 universidades —Brussel, Amberes e Gante— acaban de lle outorgar un doutorado ‘honoris causa’
"Ni los novelistas franquistas se atrevían a tanto. Esperpento de rancio españolismo, forma de variante de Torrente. Populismo borbónico y cuplé patriótico que se cuelan en la mirada de lo popular, apropiándose de ella"
(O grande escritor RAFAEL CHIRBES sobre Pérez Reverte)
24.1.26 El Progreso
"Exprésao con claridade Steven Forti: a orde liberal global creada no remate da II Guerra Mundial —fráxil, perfectíbel e a miúdo non respeitada— é substituída por unha lóxica imperial rexida por unha mestura de lei da selva, e organízase unha repartición de zonas de influencia"
De obrigada leitura!!!
A poesía pertence ao universo.
Recomezamos (2026) co Clube de Lectura de Espiral Maior Foro. E cunha novela 'capital' do s. XX: "Arredor de si", de Ramón Otero Pedrayo.
Inauguramos así o Ano Oteriano. E haberá sorpresas moi interesantes. Referidas a don Ramón. Porque o noso Clube de Lectura é activo, dinámico e 'vanguardista'.
17.1.25 El Progreso
"Agora mesmo teño, chegada de Lisboa, a primeira biografía do gran poeta Herberto Helder (900 páxinas), que leva por título “Se eu quisesse, enlouquecia”. Teño tamén, en lista de espera, a primeira novela de Rosa Suárez Redondo, titulada “A miña vida noutro lugar” (...)
10.1.25 El Progreso
"O New York Times referiuse a el como “ilegal e imprudente” e The Guardian fíxoo protagonista —lembrando o seu pasado pedófilo— dun “acontecemento ominoso”. Mais ao shériff Trump, imitador dun certo John Wayne desvariado... (...)
Obra rematada. Da serie 'INCENDIOS': "Incendios II". (Técnica mixta sobre lenzo: 1,46x97)
3.1.26 El Progreso. 1º artigo 2026, escrito o 31.12.25.
"Trump e os seus ‘xefes’ seguirán apoiando o xenocidio en Gaza, ao mesmo tempo que agudizarán, por vía militar violenta, a ‘conquista’ de países da América Latina. Veremos no 26 formas de control social e político nunca vistas anteriormente".
Outra pra ti.