Agrupación Cultural Alexandre Bóveda's Avatar

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

@acalexandreboveda

Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entide.

249
Followers
149
Following
531
Posts
14.01.2025
Joined
Posts Following

Latest posts by Agrupación Cultural Alexandre Bóveda @acalexandreboveda

Preview
O Rei sabio, un príncipe cristián na Iberia musulmá e as orixes do Renacemento Presentación de "O Rei Sabio" o 16 de marzo: Simon Doubleday analiza a fascinación de Afonso X pola cultura musulmá e o seu vínculo con Galiza nunha edición galega actualizada.

O Rei Sabio de Simon R. Doubleday. Unha nova biografía de Afonso X o Sabio que explora a súa relación coa cultura islámica e o camiño cara ao Renacemento europeo.

🗣️Con
Simon R. Doubleday
Miguel Giadás Quintela
Xosé M. Andrade Cernadas

11.03.2026 18:04 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A natureza tamén ten feridas.
O xoves 12 de marzo ás 19:30 h inauguramos #FERIDAS, a nova exposición de María Xosé Ares, onde peixes e troncos de árbores se converten en metáforas das mancadelas da nosa sociedade.
🎶 Actuación musical de Sara Gimeno.
Vide acompañarnos!

11.03.2026 15:38 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Roteiro «A Coruña das Mulleres»
Roteiro «A Coruña das Mulleres» Roteiro feito o sábado 7 de marzo de 2026.En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. A educación, a cultura, o pensamen...

Fixemos un resumo do roteiro A Coruña das Mulleres que realizamos o sábado pasado. 

10.03.2026 16:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

#CafésFeministas: Sororidade. Realidade ou fantasía?
Sábado 14 ás 12h
Encontro, organizado en colaboración coa #MMM, un espazo de reflexión arredor de preguntas clave: Somos as mulleres as nosas peores inimigas como quere facernos crer o patriarcado? Está funcionando esa estratexia de división?

10.03.2026 11:30 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Cineclub Bóveda: En tránsito - Foco Christian Petzold Sesión do Cineclub Bóveda co filme "En tránsito" de Christian Petzold o venres 13 de marzo.

#CineclubBóveda: «En tránsito» de Christian Petzold
Venres 13, ás 19:30h, ciclo dedicado ao cineasta alemán Christian Petzold.
Unha nova e fascinante relectura do melodrama clásico e un magnífico Franz Rogowski como protagonista.

10.03.2026 09:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎨 Inauguración de FERIDAS

Xoves 12 ás 19:30 h inauguramos FERIDAS, a nova exposición da artista visual María Xosé Ares.
Unha mostra que reflexiona sobre as doenzas da nosa sociedade a través de elementos da natureza convertidos en metáfora da condición humana.

Coa actuación musical de Sara Gimeno.

09.03.2026 17:03 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Hoxe ás 20h recibimos ao historiador Bieito Alonso para presentar Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, publicado x @Laiovento
Unha obra que rescata a memoria de mariñeiros galegos que cruzaron o Atlántico e loitaron pola dignidade laboral nos portos de América.
⚓ Historias de conciencia social

09.03.2026 11:31 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Mércores 11 ás 19:3h conferencia “Os actores que representaron a Xesús de Nazareth no cine”,  por Victorino Pérez Prieto.
Analizaremos grandes películas e interpretacións memorables, así como visións máis singulares e menos coñecidas.
🎥 Unha oportunidade para coñecer como o cine interpretou a Xesús.

09.03.2026 09:04 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Baixo a cuberta dos grandes barcos tamén se escribiu a historia da emigración galega.
Entre carbón, sal e caldeiras, mariñeiros e estibadores cruzaron o Atlántico e fixeron da loita e da dignidade unha forma de vida.
Este luns 9 de marzo ás 20h con Bieito Alonso

🌊 Historias de cinza, sal e memoria.

08.03.2026 20:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

O que máis glorifica a Galiza e o valor das súas mulleres.
Hoxe, saímos ás 12h do Campo da leña. Vides?
#Feminismos
#MoitoPorReparar

07.03.2026 09:30 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
Presentación de «Crónicas transatlánticas. De cinza e sal» O luns 9 de marzo ás 20:00 h presentamos "Crónicas transatlánticas" de Bieito Alonso na nosa sede. Unha crónica sobre a emigración marítima e a súa memoria oculta.

Luns 9, ás 20 h, acolleremos a presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, editado por Laiovento. Contaremos co seu autor, o historiador Bieito Alonso.

06.03.2026 12:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A DRUIDESA (1926-2026)
Poderosa. Desafiante
Hoxe ás 19:30h
A historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez analiza a icónica escultura de Uxío Souto, unha obra que revolucionou a representación da feminidade na arte galega.
Unha muller libre, un símbolo de Galiza.
Espírito indómito cen anos despois

06.03.2026 09:02 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

🙋‍♀️Roteiro «A Coruña das Mulleres» 
Sábado 7 ás 12 h, con saída desde o Campo da Leña.
En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. No 90 aniversario dese crime contra a democracia homenaxearemos a algunhas das mulleres represaliadas polo franquismo neste roteiro.

05.03.2026 14:02 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 1
Post image

📽️ Outras historias do cinema: Chantal Akerman

Hoxe ás 19:30h 
Na última entrega da enquisa que cada 10 anos fai a revista Sight & Sound sobre os mellores filmes da historia, a película escollida foi Jeanne Dielman da directora belga #ChantalAkerman. Desta directora falaremos hoxe con Martin Pawley.

05.03.2026 10:46 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A DRUIDESA (1926-2026)
Poderosa. Forte. Desafiante.
Venres 6 ás 19.30 h
A historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez analiza a icónica escultura de Uxío Souto, unha obra que revolucionou a representación da feminidade na arte galega.
Unha muller libre. Un espírito indómito cen anos despois.

03.03.2026 17:05 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Sábado 7 ás 12 h, saída desde o Campo da Leña: roteiro A Coruña das Mulleres.

En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. A educación, o pensamento, a liberdade... todas foron silenciadas. No 90 aniversario dese crime homenaxeamos ás represaliadas.
#Feminismos

03.03.2026 15:03 👍 8 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

"Quen arrenegue do galego, forzosamente é un escravo ou madeira de escravitude"
Hoxe martes 3 de marzo, ás 19.30h, Cántigas da Terra mais nós rendemos #HOMENAXE no 90 aniversario do seu pasamento á figura máis senlleira das Irmandades da Fala: #AntónVilarPonte
Vide acompañarnos ao Circo de Artesáns.

03.03.2026 12:02 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

📢O Monte Xalo: Olimpo Ártabro
Mércores 4 ás 19.30 h
Un encontro para coñecer os valores naturais, históricos e patrimoniais do Monte Xalo e analizar as ameazas que poñen en risco este espazo e a auga da comarca da Coruña.

Con:
• Xan Castro
• Lois Vilar
• Eva Martínez
• Beatriz Rodríguez-Morales

03.03.2026 09:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A Coruña lembra a Antón Vilar Ponte
Martes 3, ás 19.30 h, o Circo de Artesáns acolle a homenaxe a Antón Vilar Ponte, figura central das Irmandades da Fala, organizada con Cántigas da Terra.
Impulsor das I. da Fala, director de ANT presidente de Cántigas da Terra e deputado nas Cortes da República.

02.03.2026 17:03 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

📖 Un libro para pensar o país
A construción da nación desde o realismo político de Manuel López Foxo.
O país, sempre por diante. As mans, tendidas a xeitos ben diferentes de comprender e de sentir a nación que compartimos. 
Acompañan ao autor, Anxo Quintana, Mercedes Queixas e Dani Cao.

Hoxe ás 20h

02.03.2026 09:02 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎬 CINECLUB BÓVEDA
Hoxe continuando co cineasta alemán Christian Petzold proxectamos Bárbara (2012).
🏆 Premio á mellor dirección na Berlinale, o filme sitúanos na RDA dos anos 80 nun relato íntimo sobre control, liberdade e esperanza.
Versión orixinal con subtítulos en galego.

27.02.2026 15:24 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Martes 3, ás 19.30h no Circo de Artesáns, xunto con Cántigas da Terra, rendemos homenaxe á figura máis senlleira das Irmandades da Fala: Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento.  
Fundador das Irmandades, foi director de A Nosa Terra e presidente de Cántigas da Terra
Estades convidadas!

27.02.2026 09:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎬 CINECLUB BÓVEDA
Este venres 27 ás 19:30 continuamos co cineasta alemán Christian Petzold, coa proxección de Bárbara (2012).
🏆 Premio á mellor dirección na Berlinale, o filme sitúanos na RDA dos anos 80 a través da historia dunha doutora, nun relato íntimo sobre control, liberdade e esperanza.

26.02.2026 18:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

✨ Historia que non che contaron
Hoxe xoves ás 19:30h presentación de "A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española" de Dionísio Pereira.
Un libro que abre foco sobre un capítulo pouco coñecido da Guerra Civil: a represión franquista no norte de África.

26.02.2026 09:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Cineclub Bóveda: Bárbara (Christian Petzold, 2012) Proxección de Bárbara (2012) de Christian Petzold no Cineclub Bóveda. Un retrato da RDA premiado na Berlinale. Venres 27 ás 19.30 h.

Venres 27-19.30h, #CINECLUBBÓVEDA -en colaboración co Instituto Goethe- proxectamos Bárbara (Christian Petzold,  2012) protagonizada por Nina Hoss e Ronald Zehrfeld
Gañadora do premio á mellor dirección da Berlinale.

25.02.2026 17:04 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

💥 A arte tamén sofre as guerras. E deixa memoria.
 Hoxe acompáñanos na palestra:
🎭 O sufrimento da arte en tempos de guerra. Europa anos 30, a cargo da historiadora da arte Carmela Galego.
▪️ o patrimonio destruído polos bombardeos
▪️ as obras saqueadas
▪️ os artistas perseguidos e silenciados

25.02.2026 09:03 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Memoria, historia e verdade
Xoves 26 -19.30h presentación de "A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española", co seu autor, Dionísio Pereira.
Un libro que ilumina unha parte pouco coñecida da Guerra Civil: a violencia exercida polo franquismo no norte de África

24.02.2026 17:59 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎨 Cando a guerra ataca tamén á arte…

Mércores 25 ás 19.30h, a historiadora da arte Carmela Galego convídanos a reflexionar nunha palestra imprescindible:

🕊️ O sufrimento da arte en tempos de guerra. Europa anos 30

Que acontece coa creatividade humana cando desaparece o respecto pola vida?

23.02.2026 17:04 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Hoxe celebramos o nacemento de Rosalía de Castro 🌹
Agardámoste ás 17 h diante do Teatro Rosalía de Castro para a lectura pública da súa obra.

Manifesto de Eva Veiga, música de Cantos na Taberna e actuación de Noite Bohemia.
Vémonos esta tarde 🌹
Organizamos coa #AELG

23.02.2026 13:39 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Presentación de «A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española» de Dionísio Pereira. 
Xoves 26 ás 19.30h
Editada por Slaiki Akhawayne nun formato bilingüe árabe-castelán, debulla a violencia exercida polo bando sublevado no norte de África entre 1936 e 1939.

22.02.2026 16:02 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0