Trending
's Avatar

@elisaferrei

36
Followers
34
Following
2
Posts
13.12.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by @elisaferrei

A pasada semana comezaron os XXXV Cursos de lingua e cultura galegas #galegosenfronteiras, coorganizados polo ILG e a @realacademiagalega.bsky.social. Ata o 24/07, 6️⃣0️⃣ estudantes de 2️⃣0️⃣ nacionalidades somerxeranse na nosa lingua e na nosa cultura.

Este xoves 10 poderán escoitar a Antón Santamarina.

07.07.2025 18:15 👍 7 🔁 3 💬 0 📌 0

O alumnado do curso #GalegosenFronteiras puido escoitar onte a Antón Santamarina, quen lles 🗣️ falou sobre os cancioneiros históricos. 🎵
@usc.gal

11.07.2025 10:20 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🚌 O día 10 fomos de excursión ás Terras de Celanova e á Baixa Limia. Visitamos Castromao, a capela de San Miguel, o mosteiro de San Salvador (Celanova), Entrimo e a aldea abandonada do Salgueiro no parque natural da serra do Xurés.

Moitas grazas ás persoas que nos guiaron polos distintos lugares!!

22.07.2025 11:49 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0

🗣️ Queres que as máquinas falen con gheada, seseo e/ou rotacismo? Queres que digan irmao ou pantalois? Agora xa é posible!!

O ILG, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do 1.º conxunto de preguntas para a recolla de fala espontánea en galego.

🎤 Entra en doagalego.nos.gal e proba!!

22.07.2025 15:31 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Pídense doazóns de voz para fomentar a presenza do galego no mundo dixital - G24 O Instituto da Lingua Galega introduce preguntas na plataforma Common Voice para recoller a fala espontánea

Queres que o teu GPS, por exemplo, fale galego? Se es galegofalante, podes axudar a conseguilo! Non importa a idade que teñas!

Só tes que entrar en doagalego.nos.gal e responder as preguntas que preparou o ILG dentro do proxecto @nos.gal. Trátase de que fales coa túa variedade dialectal. Anímate!!

30.07.2025 12:51 👍 3 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image Post image

📢 Convocatoria dun contrato de investigación para traballar no @nos.gal. Valorarase doutoramento en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC e inglés nivel B1 ou equivalente.

📆Presentación de solicitudes: 24/07-01/08/2025

📎https://acortar.link/9HxGi1

@usc.gal

23.07.2025 16:10 👍 4 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
Así se distribúen os apelidos en Galicia: cinco grandes rexións que coinciden coas variantes léxicas e as dioceses Un equipo da USC revela a notable homoxeneidade no reparto dos nomes familiares en territorio galego tras a análise de 6.150 palabras

🗣️ Os apelidos son unha boa ferramenta para entender o pasado.

Esa é a tese pola que un equipo do @ilgusc.bsky.social e do @citmaga.bsky.social estudou a distribución dos nomes familiares en Galicia.

Sabías que os seus límites son semellantes aos das dioceses e dialectos? 👇

23.06.2025 14:46 👍 15 🔁 7 💬 1 📌 0
Post image

Naomi Kurtz, da University of Chicago, volve andar por Galicia para investigar a variación dialectal do galego.
Se es falante nativo/a de galego e queres colaborar con ela, podes escribirlle un correo a nkurtz@uchicago.edu. As entrevistas levaranse a cabo entre o 30/06 e o 24/07 e serán remuneradas.

23.06.2025 14:38 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 1
Post image

O día 13 recibimos a visita dun grupo de estudantes da Marburg University. Esta iniciativa forma parte dun seminario de estudos culturais sobre Galicia que Ana Goás, docente desta universidade alemá, vai impartir no verán en Marburg e no cal tamén introducirá o alumnado na lingua galega.

@usc.gal
👇

18.06.2025 11:19 👍 2 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

Anotade nas vosas axendas esta conferencia, organizada polo ILG e o @consellocultura.bsky.social, que vai ter lugar o 11/06 no noso centro.

Anik Nandi, da Woxsen University, examinará a relación entre as políticas lingüísticas gobernamentais e a súa recepción polos diversos axentes sociais.

09.06.2025 13:19 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image

O venres tivo lugar no ILG o VIII Congeso de AGANTRO, centrado na situación de emerxencia lingüística do galego.

Aquí tedes algunhas imaxes da mesa redonda 'A emerxencia lingüística. Que podemos facer dende a antropoloxía?', con Gabino Vázquez Grandío, Ana Iglesias e Gabriela Prego.
@usc.gal

09.06.2025 17:34 👍 2 🔁 1 💬 1 📌 0

Para Elisa Fdez. Rei, directora do ILG, a memoria de 2024 reflicte indicadores “claramente positivos”, que atribuíu “a todo o🧐persoal investigador polos logros acadados, así como ao 🗣 equipo de comunicación e á 👭comisión de igualdade polo seu traballo e compromiso”.

02.06.2025 23:09 👍 2 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

📚 O incremento da produción científica e un "notable dinamismo", logros do @ilgusc.bsky.social en 2024.

@elisaferrei.bsky.social destacou na presentación de resultados do ano pasado que máis do 60% das publicacións realizáronse en acceso aberto.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

23.05.2025 12:13 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 1
Post image

A traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero Sabela Salgueiro impartirá o 22/04 a conferencia ‘Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención’, organizada pola Comisión de Xénero e Igualdade do ILG.

🕟16:30 h
📍ILG
✍ ilg.usc.gal/gl/actividad...

@usc.gal

👇

14.04.2025 12:29 👍 2 🔁 2 💬 1 📌 0
Post image Post image Post image Post image

E así de concentrados estamos no #ValidatónILG25 no @ilgusc.bsky.social 🤩

10.04.2025 15:43 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image

E como non todo vai ser traballar, tamén houbo tempo para merendar e repoñer forzas, momento en que se lle entregaron agasallos sorpresa a todas as persoas presentes no ILG e que sacaron algún que outro sorriso.

Por último, agradecémoslles a Atlantic Ponte e Imaxin Software o seu patrocinio.

11.04.2025 14:50 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Conseguíronse 1️⃣3️⃣ h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice. Acadáronse arredor de 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ fragmentos gravados e validados e creáronse case 2️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ frases. O noso agradecemento á trintena de persoas que participou no maratón na fase en liña e/ou presencialmente.

#ValidatónILG25👇

11.04.2025 14:50 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image Post image

🏆Xa coñecemos as 4️⃣ persoas gañadoras do #ValidatónILG25!! Parabéns!! 🎉🎉🎉🎉

🏅Gañadora global: Noa Sobrino Lamas
🥇Gravación de fragmentos de voz 🗣: Víctor Pose
🥇Validación de audios 🎧: Álex Rodríguez Guisantes
🥇Xeración de frases ✍: Lucía López Lires

@nos.gal @usc.gal
👇

11.04.2025 14:50 👍 3 🔁 2 💬 1 📌 0
Video thumbnail

📢 Es estudante de Filoloxía da @usc.gal?

Aínda estás a tempo de participar no 🎧 Validatón!!

Non sabes o que é? 🤓 o vídeo 📹 que acompaña esta publicación.

🥇A persoa gañadora de cada categoría recibirá un premio en 💶 grazas ao apoio de Atlantic Ponte e Imaxin Software.

#ValidatónILG25 @nos.gal

👇

07.04.2025 14:23 👍 3 🔁 4 💬 1 📌 0
Post image

Segundo día de la reunión de CLARIAH-ES en SCAYLE (León)

04.04.2025 10:15 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

Parabéns!

04.04.2025 19:16 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Onte tivo lugar na Facultade de Filoloxía da @usc.gal a presentación do volume 📖 'Manual of Galician Linguistics', editado por @degruyterbrill.bsky.social. No acto interviñeron 🗣 Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, editores do volume, e Víctor Longa, profesor da Facultade de Filoloxía.
👇

04.04.2025 15:04 👍 9 🔁 3 💬 1 📌 0
Post image

📢 Aberto o prazo para o envío de propostas ata o 5️⃣ de abril!!

O 'V Simposio Norteamericano de Estudos Galegos. Dende o Miño ao Mississipi: Pontes e Confluencias' terá lugar do 15 ao 18 de outubro na St. Ambrose University (Davenport, Iowa).

01.04.2025 12:17 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Frontiers | The Galician MultiPic: a picture dataset that captures lexical variation In psycholinguistic research, careful selection and control of stimuli are essential for gaining insights into cognitive processes. Within this field, pictur...

📢 Introducing the Galician MultiPic! A picture dataset that captures lexical variation.

📖 Out soon – for now, read more here:
www.frontiersin.org/journals/psy...

@ilgusc.bsky.social @lvtc-uvigo.bsky.social @christoslab.bsky.social

10.03.2025 15:43 👍 4 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

📢 A segunda xeira CLARIAH-GAL, organizada por @ilgusc.bsky.social e @citius.gal, desenvolverase en @filoloxiausc.bsky.social a comezos de maio.

O prazo para presentar pósteres permanece aberto ata o 31 de marzo.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

17.03.2025 10:15 👍 4 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

📢 2.ª edición da Xeira CLARIAH-GAL o 9️⃣ de maio na Facultade de Filoloxía da USC!

📝Envía a túa proposta de póster ata o 3️⃣1️⃣ de marzo!!

🧷 Máis información: ilg.usc.gal/gl/actividad...

@usc.gal @citiususc.bsky.social @culturagob.bsky.social #CLARIAH #CLARIN #DARIAH #HumanidadesDixitais

17.03.2025 12:49 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

🗣 Presentámosvos as persoas relatoras da "II Xeira CLARIAH-GAL", que terá lugar o 9/05 na Fac. de Filoloxía da @usc.gal.

📢 Envía a túa proposta de póster ata o 31/05!!

✍ Período de inscrición xa aberto!!

ilg.usc.gal/gl/actividad...

@nos.gal @clariahes.bsky.social @dariaheu.bsky.social
👇

24.03.2025 22:56 👍 7 🔁 2 💬 1 📌 0
Post image

📣O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o 🗓️vindeiro mércores 2 de abril a conferencia “O português na paisagem linguística de Macau”.

📍No salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 12 horas.

27.03.2025 09:15 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 0
Video thumbnail

Esta gravación de unha nena de 11 anos sobre o Entroido de Laza podedes escoitala👂enteira no Arquivo do Galego Oral 🗣.

👀 ilg.usc.gal/ago/

@usc.gal #Entroido #Entroido2025

03.03.2025 23:28 👍 8 🔁 5 💬 0 📌 0
Inscrición | Cursos de lingua e cultura galegas Para inscribirse nos cursos unicamente se require ser maior de 18 anos. A preinscrición quedará formalizada cando a persoa solicitante… ver máis

👉🏼O ILG e a @realacademiagalega.bsky.social organizan a XXXV edición dos Cursos de verán e culturas galegas ‘Galego sen fronteiras’, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial da Coruña.

📎Máis información nesta ligazón:

06.03.2025 16:27 👍 4 🔁 2 💬 0 📌 0