Trending
Fran Castiñeira's Avatar

Fran Castiñeira

@fcastinheira

Nota para min mesmo: apousa o fedello e fai algo. 🗣️BANANANABANANANA BANANANABANANANA TERRACOTTA PIE 📝 🐳 🐟 📖 💙 🤍 ✊🏼🇵🇸✊🏼🇺🇦

147
Followers
140
Following
1,669
Posts
19.11.2023
Joined
Posts Following

Latest posts by Fran Castiñeira @fcastinheira



   ・ 
   .  *  ⦁   .
         ✧
    *   .
  ・ .
    ・
      🔥    ・゚
      🌎🤳🏼
 .       ⦁
    .
  ・   . *
    *   .
     .
 

13.03.2026 10:59 👍 13 🔁 9 💬 0 📌 0

O da fame e as gañas de comer...

13.03.2026 10:31 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

Alguén fixo o cálculo e o chorbo cancela o 25% dos seus bolos.

13.03.2026 10:28 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

Xentiña, mañá organizamos algo xeitoso. Vide ver que facemos (non somos un acuario!). Entrada de balde.

13.03.2026 10:19 👍 3 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
Lomo fisheye Experimentos con cámara analóxica lomográfica de ollo de peixe (angular 170º) Experiments with an analogical lomographical fisheye (170ª) camera

Vou tirar as fotos e levalo a revelar. Sabendo que talvez non saia nada. O carrete de Schrödinger. Pura arte. Risco. Expectación. Confío pouco, pero tirarei as fotos.
Velaquí un álbum de hai anos con fotos desa cámara. 👁️🐟
Xa vos contarei.

flic.kr/s/aHsk672Mzk

11.03.2026 21:11 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0

Por culpa da cámara e das gadoupas que teño por mans fixen un cristo. Atorouse o carrete, rebenteille a tampa, fun ao baño a fedellarlle as tripas ás escuras e dino colocado. É mooooi probable que estea velado. Que as fotos saian negras. PERO 🔽

11.03.2026 21:11 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
Street - Rúa Danube - Danubio (Lomo)

Chegou un carrete fotográfico ás miñas mans e metíno na única cámara analóxica que teño: unha de ollo de peixe coa óptica (e todo o demais) plastiqueira. Sacar cousas artísticas con ese tipo de obxectivo. PERO 🔽

flic.kr/p/upX6uJ

11.03.2026 21:11 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

No 82 para un mundial facían falta estadios "normais", que fosen dignos de partidos de 1ª/2ª.
Agora é unha excusa para pelotazos e corruptelas faraónicas, caras e inservibles despois do evento, mira os últimos en Brasil. Para iso, solucións tipo Catar ou USA. Se safamos sen iso, mellor. Para Abel.

11.03.2026 11:34 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Como anda o do Mundial en Riazor? Anulado?
Pros: Non se desbaldeirarán trillons de € públicos en facer un que nin a cidade non o seu clube necesitan.
Contra: a nosa última esperanza para que amañen os baños.

11.03.2026 11:34 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

Tampouco co concepto "caseiro compostelán".

11.03.2026 09:36 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0

Valoro a neutralidade co que se tratan os eventos. Pero claro, un chisco pouco de como manipularon a rapaza ("fala con xente adulta... Un crego e dúas monxas") e de como ela enche coa súa vocación o baleiro da ausencia da súa nai e de que o seu pai é basicamente un ficus.
Actores e guión 🔝

11.03.2026 09:20 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Na nosa visita hexanual ao cine vimos Los Domingos. Para o noso gusto >Sirat. Eu son máis de cine narrativo e personaxes que de John Ford.

11.03.2026 09:20 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

*reparara.
Etarra na última letra, como non.

10.03.2026 22:44 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Díxenlle á señora que morrera o Bryce Echenique (nunca o lin, e o nome non llo sei) sen contexto ningún, e retrucoume que quen era Brais Echenique, nunca reparará.

10.03.2026 22:42 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0

O Perro cos dous embaixadores 🇮🇱🇺🇸 no estreito de Xibraltar.

(deixádeme soñar)

10.03.2026 14:45 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Eran, aforran moito tempo e pasos. Era unha instalación dos 90+-, escarallábase con frecuencia.

09.03.2026 22:04 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Traballei moito con eses tubos no hospital de Alemaña. Dentro, desde mostras (tubiños de sangue) ata documentos.

09.03.2026 22:02 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

No Chuac non o vin nos laboratorios. Non sei noutras partes.

09.03.2026 22:01 👍 1 🔁 0 💬 2 📌 0

Traballei nun hospital que o tiña!
É habitual en España? Nunca o vin aquí.

09.03.2026 21:35 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

Aínda aquí.

09.03.2026 20:45 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

*salvouno.

Os dous levaron uns anos finais moi tristes e chungos, de consumo masivo, depresión e deterioro. As cancións reflicten o sufrimento, a presión da fama e a imposibilidade de cumprir coas expectativas e de ser unha persoa normal. A vida do ionqui que ten cartos para veleno tampouco presta.

09.03.2026 20:18 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
a man singing into a microphone with the words " why 's it have to be this way " above him ALT: a man singing into a microphone with the words " why 's it have to be this way " above him

Acabo de ler que Layne Staley, cantante de Alice in Chains, lle salvou a vida a Mike Starr, o baixista de AiC. Cando estaban consumindo hero1na a Starr deulle un pataco e Layne salvou o facéndolle a RCP.
A adicción acabou levando a vida dos dous, anos máis tarde. Rapaces, esa droga non.

09.03.2026 20:12 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0

Somos o novo Dubai.

09.03.2026 16:16 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0

Hidalgo está aqueloutrado, se en Huesca estaban ledos con isto por que aquí se enfadan? Non son todos os clubes exactamente iguais??

08.03.2026 23:01 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

O importante é a saúde!

08.03.2026 22:58 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Outro partido que remata ás 23h e non hai transporte público pra ir pra casa. Aínda que si había en praza Pontevedra un "servizo fútbol" que non se anuncia e non se sabe a onde vai

08.03.2026 22:24 👍 9 🔁 1 💬 1 📌 0

Só ten explicación nesta liga de frenopático, onde calquera se pon arriba con 5 vitorias seguidas como un foguete, para logo palmar tres. Nada ten sentido e a ver que queda despois do incendio. Véxonos na promo co perillitas.

08.03.2026 22:56 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0

É demencial pedir dimisión do adestrador nesta altura da liga e nesta posición. Pero ningunha fe. Só esperanza en fallos alleos.

08.03.2026 22:37 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

O absolutamente anormal é gañar a semana pasada con este despregue futbolístico. O de hoxe é lóxico.

08.03.2026 22:37 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

Incrible que esteamos tan arriba. Como serán os demais.

08.03.2026 22:00 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0