O venres 20 de marzo presentamos 'A saga do desarraigado', de Francisco Ant. Vidal Blanco. Será na Sociedade Fillos de Palmeira (Ribeira) ás 20:30 horas e haberá unha actuación musical de Garnata Jazz Quintet.
O venres 20 de marzo presentamos 'A saga do desarraigado', de Francisco Ant. Vidal Blanco. Será na Sociedade Fillos de Palmeira (Ribeira) ás 20:30 horas e haberá unha actuación musical de Garnata Jazz Quintet.
Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” –o nº 27 da Voyager– volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.
Esta biblia da mitoloxía montañesa amasouse e aformigou tras bortelar ben bortelada a fariña contida nos foles da colección Cerdedo in the Voyager e da colección Solea Scripsit (2002-2025), masa copeada e enfornada de vagar na tafona de Edicións Morgante.
Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…,
'Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes', de Calros Solla. Xa á venda.
Este volume reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes.
Podes mercar o libro aquí: rinoceronte-editora-slu.sumupstore.com/product/andr...
Tamén podedes ver a última sesión de Conversas con @biosbardia.bsky.social
biosbardia.org/eva-moreda-p...
César Lorenzo asina esta reportaxe sobre as tendencias da narrativa galega actual do pasado venres no suplemento Faro da Cultura. Eva Moreda é directora da colección Singulares e autora de varios libros do noso catálogo: 'Rapazas de Polar', 'O raposo na fronde' e 'Pagáns e pragmáticos'.
"Eva Moreda opta, especialmente nos seus últimos libros (…) por captar a esencia da lingua oral (fraseoloxía, interrupcións, reiteracións). Nas súas novelas hai unha clara intención de beleza expresiva que nace nesa lingua íntima que usamos nas conversas familiares e informais."
Mañá venres presentamos en Cangas a nosa edición de 'Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables de él'.
Xa está no forno e nun par de semanas, nas vosas librarías de confianza.
Este venres presentaremos en Cangas 'Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables de él', de Bartolomé Sagrario de Molina.
Este sábado!
Avísanme desde @rinoceronteeditora.bsky.social que xa teñen dispoñible a súa nova tenda online, na que podedes mercar O trevo de catro follas, as "Dezanove comunas" e os demais títulos de @morganteedicions.bsky.social
rinoceronte-editora-slu.sumupstore.com/producto/o-t...
Podedes mercar o libro aquí:
rinoceronte-editora-slu.sumupstore.com/product/non-...
A partir de hoxe podedes atopar boa parte do noso catálogo na tenda de Sumup: rinoceronte-editora-slu.sumupstore.com/productos?ca...
Alén diso, ofrece unha lista castelán-galego coa finalidade de que se relacionen as expresións das dúas linguas para evitar expresións alleas ao noso idioma e innecesarias.
Xa á venda!
rinoceronte.gal/morgante/pro...
'Non todo o que cae na rede é peixe', de Moncho Seixo.
Este dicionario pretende contribuír ao coñecemento e bo uso da nosa, bastantes veces descoñecida, fraseoloxía. Para iso, presenta 500 unidades fraseolóxicas de diferentes tipos e niveis de lingua documentadas en moi variados autores e obras.
Este sábado estaremos en Ferrol presentando 'Pusilánime', con Mario Caneiro e Eva Moreda. Acompañádesnos?
@outrocaneiro.bsky.social @evamoreda.bsky.social
Novo título da colección Singularis: 'Pusilánime', de @outrocaneiro.bsky.social
Unha indagación literaria sobre se escribir pode reparar o dano… ou só ser outra forma de fuxir.
rinoceronte.gal/morgante/pro...
'O trevo de catro follas' en @biosbardia.bsky.social
"María Duro Mansilla morreu no 2022, a consecuencia dun cancro. Deixou un “diario do cancro”, nas súas propias palabras, que o seu marido, Daniel Ugarte, publica agora intercalando nas anotacións de Duro as súas propias reflexións."
Esta edición conta cunha introdución de Ramón Villares, un prólogo de Xe Freyre e unha gran cantidade de notas para entender a obra.
rinoceronte.gal/morgante/pro...
Recolle en cinco partes o que o autor considera máis substancial de Galicia, da súa historia, das súas riquezas naturais, das súas marabillas artísticas e das súas liñaxes e estirpes nobiliarias.
A 'Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables de él' de Bartolomé Sagrario de Molina, imprimiuna en Mondoñedo en 1550 Agustín de Paz.
ó océano en busca da terra dos seus devanceiros. O que comeza como unha viaxe de descuberta convértese nunha loita interior entre dúas identidades. Entre o Valhalla e o Paraíso, entre a espada e o pergamiño, Nuno tenta atopar o seu lugar nunha terra que o acolle e o teme, que o fascina e o condena.
Entre o rumor do mar e o murmurio da memoria, Nuno –ou Ivar Penca Negra– reconstrúe a súa vida dende a soidade e o arrepentimento. Fillo dunha escrava galega e dun cabaleiro desaparecido, criado en Xutlandia baixo o ferro dos normandos e a voz dun monxe, foxe dun destino que non escolleu e lánzase…
Ficción histórica da man de Francisco Ant. Vidal: 'A saga do desarraigado' chega mañá ás librarías.
rinoceronte.gal/morgante/pro...