✨ O investigador do IPsiUS Marcos Dono participou nunha reunión do Comité Científico do vindeiro congreso da European Association of Social Psychology (EASP), que se celebrará este verán en Estrasburgo.
🔗 easp2026strasbourg.com/index.php/pr...
✨ O investigador do IPsiUS Marcos Dono participou nunha reunión do Comité Científico do vindeiro congreso da European Association of Social Psychology (EASP), que se celebrará este verán en Estrasburgo.
🔗 easp2026strasbourg.com/index.php/pr...
8M | Día Internacional da Muller 💜
Onte a Facultade de Psicoloxía reuniuse ás portas do centro para a lectura dun manifesto polo 8M. Na imaxe, a nosa compañeira do IPSIUS, Laura López Romero, durante o acto. Seguimos comprometidos cunha universidade e unha ciencia máis xustas e igualitarias.
Ciencia Mensual IPSIUS 🧠 Fernando Díaz e Montserrat Zurrón falaron sobre o diagnóstico do Alzheimer e os marcadores biolóxicos no risco de deterioro cognitivo. Abríronse debates sobre se o diagnóstico debe basearse só en biomarcadores e sobre os dilemas éticos de informar de marcadores de risco.
🧠💡 E se adestrar a mente tamén mellorase o benestar nas persoas maiores? Estudo liderado polo IPsiUS amosa que un programa multitarefa en residencias é viable e eficaz, con beneficios cognitivos, emocionais e xerais. 👉 As intervencións non farmacolóxicas poden marcar a diferenza no envellecemento.
🧠✨ Ciencia Mensual do IPsiUS
Alzheimer 🧩: que sabemos, que debates hai e que retos veñen?
📅 Xoves, 5 marzo · 16:00
📍 Facultade de Psicoloxía (Sala de Xuntas)
Aberto á comunidade universitaria. Externos: pedir acceso por redes ou ipsius.administracion@usc.gal
Así foi a sesión de Ciencia Mensual de febreiro no IPsiUS: Tamara Fernández Cores e Elisardo Becoña Iglesias ofreceron charlas moi interesantes, actuais e rigorosas 🧠✨
📅 A próxima semana chega a sesión de marzo… estade atentos/as! 🚀
📣 A nosa compañeira Lucía Vieitez Portas participou no workshop FEEL en Vitoria-Gasteiz, onde presentou a súa investigación sobre emocións e procesamento gramatical.
👏 Parabéns, e sigamos levando a investigación galega a foros internacionais!
#Lingüística #Investigación #CienciaGalega
🔬✨ Onte celebrouse o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”, organizado pola Comisión de Igualdade da Fac. de Psicoloxía e o IPsiUS polo 11F. Investigadoras compartiron experiencias e puxeron en valor o papel das mulleres na ciencia. 💜 Grazas por este encontro inspirador.
As Mulleres na Ciencia: Existir, Resistir e Transformar. Mércores 11 febreiro, 17:00 h, no Salón de Actos da Facultade. Organiza a Comisión de Igualdade coa colaboración do IPsiUS. Xornada para compartir e reflexionar. Agardamos contar coa vosa presenza. #MulleresNaCiencia
🔬 O IPsiUS xa forma parte de Inxenius, a nova app para descubrir a ciencia de Santiago.
Explora centros de investigación nun mapa interactivo, accede a contidos audiovisuais e coñece o talento investigador da USC e os seus institutos.
📱 Descarga gratuíta: inxenius.gal
📚🧠 Ciencia Mensual IPsiUS | Xoves 5 de febreiro, 16:00 | Facultade de Psicoloxía.
Ponencias: Tamara Fernández Cores, investigadora predoutoral (COSOYPA), e Elisardo Becoña, catedrático en PETRA (Tratapsicolóxico). Aberto á comunidade universitaria. Persoas externas: ipsius.administracion@usc.gal
🧠📱 Isabel Fraga (@isabelfragacarou.bsky.social), directora do IPsiUS, foi entrevistada por La Voz de Galicia para falar sobre o impacto do uso das tecnoloxías na aprendizaxe e na memoria. Unha reflexión necesaria sobre como a tecnoloxía inflúe no noso funcionamento cognitivo.
n9.cl/2hu18w
📚🌱 No marco do BIP EUniWell “From Self-Care to Career” (n9.cl/7t5kh), estudantes de doutoramento reuníronse co IPsiUS. Coñeceron as súas liñas de investigación e reflexionaron sobre benestar, autocoidado e carreira investigadora durante o PhD. Unha iniciativa que pon o benestar no centro.
📢 Arrinca a 3ª tempada de Investigamos na USC 🎬🔬
Vídeos breves e accesibles onde o persoal investigador da USC achega á sociedade proxectos e coñecemento en ciencia, tecnoloxía, humanidades e máis. Máis info: www.usc.gal/gl/xornal/no...
✨ Novo artigo no IPsiUS! Sonali Arora publica en Scientific Reports (Q1, Nature) o segundo artigo da súa tese. O estudo mostra que a reserva cognitiva en educación e ocupación atenúa o declive da memoria ao longo do envellecemento. doi.org/10.1038/s415.... Parabéns a Sonali e a todo o seu equipo.
📢 O IPsiUS participou no I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA), na USC. Elisardo Becoña e M. Carmen Míguez presentaron a liña en tabaco e cigarros electrónicos, e Arturo Pereiro a de actividade física e envellecemento activo.
📢 As charlas de Ciencia Mensual de Xaneiro foron todo un éxito ✨ O novo formato demostrou o seu potencial, cunha asistencia moi diversa de grupos de investigación, o que se reflectiu en debates dinámicos e moi participativos, con múltiples puntos de vista. Grazas a os poñentes e a todo o público 💙
Recordade que hoxe temos Ciencia Mensual no IPsiUS!
📢 Ciencia Mensual IPsiUS | Xaneiro 2026
Nova sesión aberta á comunidade universitaria e ao público xeral (previa autorización) sobre problemas de conduta e Alzheimer.
📅 15/01/2026 🕓 16:00
📍 Facultade de Psicoloxía (USC)
🔔 Externos: permiso por redes ou ipsius.administracion@usc.gal
🧠 Estudantado de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría recibirá formación específica sobre a dor e a súa cronificación.
O prazo de inscrición nesta acción formativa do @ipsius.bsky.social remata o 13 de xaneiro.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
Bo Nadal!
📣 O @ipsius.bsky.social colaborou co @concellosantiago.bsky.social no co deseño dos Espazos Non Tan Maiores
As usuarias do centro sociocultural da Trisca visitaron a Facultade de Psicoloxía
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🧠🤝 O IPsiUS pecha a colaboración co Concello de Santiago no co-deseño dos Espazos Non Tan Maiores da Rede de CSC. As usuarias do CSC A Trisca visitaron Psicoloxía para coñecer os resultados do proxecto NeucogA-Aging, con recomendacións en accesibilidade, interxeracionalidade e valor profesional.
📚🧠 Desde o IPSIUS – Instituto de Psicoloxía da USC agradecemos a estupenda e moi interesante charla do pasado xoves, impartida polo investigador Antonio Gil Ugidos. Seguimos co noso Ciclo de Ciencia Mensual, agora aberto á comunidade universitaria (e a persoas externas baixo solicitude).
Parabéns a David Facal, investigador do Instituto de Psicoloxía da USC, premiado en IdeaLugo 2025 polo seu proxecto de IA para a detección temperá do deterioro cognitivo. Un orgullo para o IPsiUS e un avance clave na innovación con impacto social.
goo.su/G0MZUso
O proxecto ELISA do grupo UNDERISK (IPsiUS-USC) inicia unha nova fase centrada na mocidade, con avaliacións adaptadas á adolescencia e auto-reportes para comprender os factores que inflúen no seu benestar e promover un desenvolvemento saudable. n9.cl/1umc1
Este venres celebramos LingüísticaMente V na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía.
🕛 12:00 – Lucía Vieitez (IPsiUS): O rol da identidade de xénero na interacción entre gramática e emoción.
🕐 13:00 – Francisco Dubert (ILG): Como se representa a variación na competencia lingüística?
Agardámosvos!
A pasada semana recibimos a Lydia Fernández Pérez, da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC. Falounos de maneira clara e inspiradora sobre como levar a investigación ao impacto social. Un encontro moi enriquecedor que nos impulsa a seguir conectando ciencia e sociedade.
O 3 de decembro, Lucía Pérez Blanco defendeu a súa tese titulada “Quejas Cognitivas Subjetivas en personas mayores y sus informantes” no programa de Desenvolvemento, Aprendizaxe e Saúde. Dirixida por O. Juncos-Rabadán e M. Campos-Magdaleno, obtivo Sobresaínte Cum Laude. Parabéns, Lucía!
📢 Atención, IPsiUS! Convidámosvos á charla de Antonio Gil Ugidos: "Estimulación eléctrica transcranial en dor crónica: evolución diaria e perfil do respondededor", o xoves 11 de decembro ás 16:00. Aberta a IPsiUS e comunidade universitaria (externas previa solicitude).