Xerais's Avatar

Xerais

@xerais

#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).

428
Followers
82
Following
546
Posts
29.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Xerais @xerais

Post image

«Se é certo que todas as obras póstumas son as que permiten que as pantasmas dos autores sigan vivas, esta de Lola fíxoa tristemente eterna».

"As obras póstumas" de @diegogiraldez.bsky.social

10.03.2026 13:01 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Aquí tedes as solucións!

09.03.2026 12:01 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Algúns libros atrapan dende a primeira páxina. 📚

Sodes quen de identificar os comezos destes libros? 😉

09.03.2026 12:01 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0
Preview
Chega ás librarías As malas ideas, a nova novela de María Solar Chega ás librarías As malas ideas, a nova novela de María Solar

María Solar (@mariasolar.bsky.social) volve ás librarías o vindeiro 12 de marzo coa novela As malas ideas, un retrato da crise vital dun home que o tivo todo no plano profesional e que, en apenas uns días, ve derrubarse a fachada da súa vida.
www.xerais.gal/noticia/cheg...

09.03.2026 11:41 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Historias que falan de igualdade, dereitos e liberdade. 

Libros para este 8M que reivindican, que cuestionan e que abren camiños.

08.03.2026 09:01 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Hoxe recomendámosvos unha selección de lecturas románticas que falan do amor en todas as súas formas: encontros, afectos, dúbidas e emocións.❤️

Alice Oseman, Abril Camino, @mariasolar.bsky.social , @ceciliafsantome.bsky.social

06.03.2026 15:02 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 1
Post image

👇

06.03.2026 14:12 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

A vindeira semana chega ás librarías As malas ideas, de @mariasolar.bsky.social, e Santiago de Compostela acolle a primeira presentación 👇

06.03.2026 14:08 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

«Toda a súa familia morrera nas mans asasinas da SS. Tamén ela ás veces desexaría estar morta. Para non sentir. Para non ter conciencia das dimensións do desastre. Coma no momento da súa chegada ao inferno».

"Un animal chamado néboa" de @lediciacostas.bsky.social

05.03.2026 12:01 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza deste pobo é que se cumpra a profecía segundo a cal un sangue branco conseguirá liberalos.

04.03.2026 16:01 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Xaquín Núñez, escritor: “No fondo pretendo que a novela sexa unha homenaxe á literatura e ao acto de ler” Xaquín Núñez (Meis, 1973) narra en Mañá, cando sexamos luns (Xerais) unha historia que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea.&nbs...

📰Xaquín Núñez (Meis, 1973) narra en Mañá, cando sexamos luns (Xerais) unha historia que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea.

www.nosdiario.gal/articulo/cul...

04.03.2026 08:06 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Boa tarde!😊

Hai algún xénero que antes non vos gustaba e agora si?

03.03.2026 18:02 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Esta semana na Coruña, Vidas e historias LGBT da Idade Media, publicada en @xerais.bsky.social

Viva a diversidade!

Viva o coñecemento!

01.03.2026 22:44 👍 9 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Hoxe lembramos o legado de Xabier P. DoCampo, unha voz imprescindible da nosa literatura.

Lecturas imprescindibles.
Historias que deixan pegada.

02.03.2026 14:04 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Lestes "Cadencias"? 📚

Tres personaxes perrcorren na cidade de Barcelona a vida no gume imperceptible entre o amor e o sexo, entre a urxencia do íntimo e o pozo profundo da soidade. 

Esta novela é o bosquexo dun cadro impresionista sobre o amor e o desamor. Ou se cadra non.

27.02.2026 10:01 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

«Hoxe camiña para evitar estar parada, fuxir un pouco de si. Preséntase unha nostalxia da aldea, que nunca se manifestara. Dunha tribo que, malia todo, sempre a aceptou. Agora a cidade ansiada empeza a tratala con fereza e severidade».

"Mañá, cando sexamos luns" de @xaquinnunez.bsky.social

26.02.2026 14:01 👍 4 🔁 3 💬 0 📌 0
Video thumbnail

Sofía López desaparece e, para descubrir a verdade, deberás escoitar as voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía.

Unha novela polifónica sobre o acoso escolar, a identidade e os silencios que agochan as feridas máis fondas 📚

25.02.2026 15:13 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

Boa elección😊

24.02.2026 23:01 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Ola a todxs!😊

Se só puidésedes ler un libro de Xerais para o resto da vosa vida, cal sería?📚

24.02.2026 13:02 👍 1 🔁 1 💬 2 📌 0
Post image Post image

#RecomendaciónsEnRadiOleiros 20/02/2026: O libro grande dos números pequenos de @bertadavila.bsky.social ilustrado por @gastoncaba.bsky.social en @xerais.bsky.social e Perder o norte de María Quiroga en @galaxiaeditorial.bsky.social Escoita a suxestión open.spotify.com/episode/0p6c...

23.02.2026 11:55 👍 4 🔁 3 💬 0 📌 1
Post image Post image Post image Post image

Rosalía de Castro é a figura máis relevante da literatura galega, autora dunha obra inmortal capaz de sobrepasar o seu tempo. 

Hoxe, #DíadeRosalíadeCastro, é o momento perfecto para redescubrir a obra desta marabillosa autora.

23.02.2026 11:02 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 1
Video thumbnail

"As malas ideas" xa están na miña casa!! E desde o 13 de marzo en librarias!!!
@xerais.bsky.social

20.02.2026 11:48 👍 4 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

«deitou o sal no olho 
a lacrimal memória
                            descanso trazemos
do mar que somos
a laguna
de penas detidas em terra
                                choro»

"Réquiem" de Eugénio Outeiro.

20.02.2026 12:03 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image Post image

8 edicións son moitas edicións dediós. Grazas a todas as que me ledes 🫂 @xerais.bsky.social

18.02.2026 22:03 👍 23 🔁 6 💬 0 📌 1
Post image

Mariña é unha namorada do fútbol e decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila. Cando se achega o primeiro partido, Mariña relouca por demostrar o que aprendeu e por axudar as compañeiras a marcar gol.

 Unha historia inspiradora sobre superación, traballo en equipo e o poder da amizade.

19.02.2026 13:02 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Boa tarde!😊

Que libro vos acompañou nun momento importante?📚

18.02.2026 18:02 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image Post image Post image Post image

É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas, de cocido e, por suposto, de libros📚

Recomendámosvos estes títulos para coñecer e gozar do Entroido galego🎆

Peparádevos para o mellor Entroido da vosa vida!

17.02.2026 10:02 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Este venres, na @libreriatrama.bsky.social
Unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza.
👇

17.02.2026 09:41 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
'Mariña e o balón' ou como loitar pola inclusión das rapazas no fútbol O primeiro libro foi "un toque de atención e unha reflexión sobre a presenza de rapazas nos patios dos colexios", explica o seu autor, Pere Tobaruela.

📰'Mariña e o balón' ou como loitar pola inclusión das rapazas no fútbol
www.nosdiario.gal/articulo/dep...

17.02.2026 09:28 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Video thumbnail

Un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea.

Unha novela onde a emigración, a soidade e a resistencia se converten nas verdadeiras protagonistas dunha narración que explora os límites entre a supervivencia e a dignidade.

@xaquinnunez.bsky.social

16.02.2026 13:51 👍 5 🔁 3 💬 0 📌 0