Jesús Torres's Avatar

Jesús Torres

@jetojun

Bibliotecario. Director da Biblioteca Pública Ánxel Casal https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/es/

171
Followers
195
Following
15
Posts
13.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Jesús Torres @jetojun

Post image

O vindeiro venres, 24 de outubro ás 17.30 saímos da Biblioteca Ánxel Casal nun roteiro que terei o pracer de conducir: “A mitoloxía agachada: os relatos das orixes nos escudos de Compostela". Unha exploración de como a fidalguía galega inventou un pasado mítico.

17.10.2025 11:15 👍 21 🔁 5 💬 1 📌 1
Post image

Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura
Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪

08.10.2025 17:24 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Hai un negocio na queima dos montes; o resto son contos. Volve Pedro Feijoo cun librazo.
#Ondenacenasbestas

12.08.2025 16:36 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Fantastic Negrito na Capitol!

29.07.2025 11:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image Post image

📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca!

A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

29.07.2025 11:32 👍 40 🔁 22 💬 0 📌 3
Preview
Palacios del pueblo, wikipedias, bibliotecas y archivos: la cultura libre y gratuita que busca salirse del mercado Frente a la privatización y la desigualdad estructural en el acceso a la cultura resisten las bibliotecas y otros recursos públicos, que no solo ofrecen libros y películas sino espacios de socializaci...

Palacios del pueblo, wikipedias, bibliotecas y archivos: la cultura libre y gratuita que busca salirse del mercado www.eldiario.es/1_ba8475?utm...

16.04.2025 08:22 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Hoxe xogamos A gran final na Biblioteca Municipal de Catoira!
@xaquinnunez.bsky.social

04.04.2025 10:30 👍 5 🔁 1 💬 0 📌 0
Video thumbnail

Os versos, a música e os nomes íntimos de Lucia Aldao e Samuel Merino ateigaron o noso salón de actos na celebración do #DiadaPoesía

24.03.2025 08:00 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Mañá 21 de marzo é o Día da Poesía. Para celebralo preparamos 2 espectáculos e 4 mostras bibliográficas:

acortar.link/eXp8K4

O prato forte será o recital poético-musical da man de Lucía Aldao e Samuel Merino "Os nomes íntimos" mañá venres ás 19h:

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

20.03.2025 10:46 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

Tomás Guerrero é fabuloso. A segunda tira pola esquerda corresponde a “A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” BD na que estamos traballando xuntos. A da dereita a “Os suicidantes” de @diegoameixeiras.bsky.social que vos recomendo moito (@xerais.bsky.social). Desexando escoitalo.

14.03.2025 12:08 👍 12 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Anotade na axenda as celebracións que temos no que resta do mes de marzo!

💥17 de Marzo ás 18:30. Celebramos o Día do Cómic coa charla-obradoiro de Tomás Guerrero: A linguaxe do cómic, existe?

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

12.03.2025 12:19 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

👭Mara e a súa avoa Lola pasan moito tempo xuntas e gozan de ler, escribir e contar diferentes relatos. Falando coa avoa descubre a vida doutras mulleres que cambiaron a historia e isto cambia a visión da nena e o futuro da súa boneca.

Mañá Aida Cobas na Choiva de contos!

07.03.2025 08:52 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
an illustration of a blue dog holding an envelope ALT: an illustration of a blue dog holding an envelope

💌Deixámosvos por aquí o boletín coas actividades dun mes de marzo no que celebraremos o Día do Cómic, o Día da Narración Oral, o Día da Poesía, o Día do Teatro e o 17º aniversario da nosa biblioteca!

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

03.03.2025 08:16 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

👩‍💻 Temos dúas prazas vacantes no grupo dos xoves da Aula tecnolóxica de maiores, un obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos, que se desenvolve en horario de 16:30 a 18h.

☎️Inscricións no 881999401

Toda a info: bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

04.02.2025 13:16 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

‼️Planazo para hoxe!!

Non perdades a oportunidade de aprender a crear o voso cómic autobiográfico no obradoiro "Atopar a inspiración no cotiá" da man da gran Pepa Prieto Puy hoxe ás 18:30!

📌Dirixido a persoas adultas. 20 prazas

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

#DíadaIlustración

28.01.2025 09:05 👍 7 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Merecedes 365 Días do usuario/a e seguiremos traballando para que sexa así. Mil millóns de grazas pola vosa resposta!

#díadousuario #MamáCabra

11.01.2025 13:59 👍 7 🔁 2 💬 0 📌 1
Post image

🫧Poñemos hoxe fin ao ciclo Choiva de contos de Nadal co grandísimo Celso Fernández Sanmartín e A vida que burbulla ao noso arredor, unha fermosa contada sobre inverno e o novo ano que comeza.

Ás 12h no Salón de actos.

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

03.01.2025 07:23 👍 1 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Ás 18:30 Obradoiro de cerámica para nenas e nenos de 6 a 13 anos no que explicaremos de maneira sinxela a evolución das técnicas e decoracións na cerámica prehistórica e elaboraremos unha peza utilizando a técnica máis antiga coñecida: a técnica de churros.

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

30.12.2024 12:01 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Xaquín Núñez: "Sempre houbo prexuízo intelectual cara ao fútbol, mais agora estase perdendo" Compostela acolleu esta semana a presentación do libro 'A Gran Final' (Edicións Positivas), coordinado polo escritor Xaquín Núñez (Meis, O Salnés, 1973). A obra está formada por 22 relatos de referentes do deporte como Vero Boquete ou Eduardo Berizzo e da narrativa, como Marilar Aleixandre e Beatriz Maceda.
26.12.2024 05:42 👍 7 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

E pola tarde, obradoiro no que fabricaremos xoguetes reciclados con materiais comúns que nun principio parecerían descartables.

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

Ás 18:30 no salón de actos!

26.12.2024 12:17 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

📢Hoxe comeza a Choiva de contos de Nadal! Todos os días ata o 4 de xaneiro teremos un espectáculo ás 12h no salón de actos nos que contaremos coas mellores contadoras e contadores da escena galega!

Comezamos con O paxariño da miña xanela a cargo de ANIMAR-T!

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

26.12.2024 07:31 👍 8 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Luz y libros para reclamar que nuestros gobernantes cuiden de las bibliotecas públicas. El detonante fue la decisión de cerrar la Biblioteca de Aragón varias tardes cada semana.

20.12.2024 21:06 👍 251 🔁 104 💬 5 📌 6
Post image Post image Post image Post image

Di @magago.bsky.social que o roteiro "Libros venerados en venerables bibliotecas" que fixemos para celebrar o #Díadaedición foi "unha viaxe moi especial por un fermoso patrimonio de libros visionarios, censuras pudorosas, dedicatorias pícaras, despedidas asinadas, combates de papel."

18.12.2024 07:59 👍 8 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image

Que tal se repasamos as actividades da semana pasada na biblio para facervos ganas das que están por vir?

👑Obradoiro "A orixe de Compostela e a lenda da raíña Lupa"

🪡 Obradoiro de bordado básico con Lúa Mosquetera

🖨️Obradoiro Imprenta tipográfica creativa para celebrar o Día da edición

17.12.2024 08:31 👍 1 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

Tinta invisible de Javier Peña.

16.12.2024 16:30 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio?
Pois a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis!

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/ac…

14.12.2024 08:31 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Alsacia e Selva negra | FindPenguins Escapada de 4 días desde Estrasburgo ata Basilea, baixando pola Alsacia e subindo pola Selva negra

A partir de agora compartirei un resumo das miñas viaxes en #FindPenguins. Paréceme Unha ferramenta super chula! Velaí vai a primeira: Alsacia e Selva Negra.

findpenguins.com/1xc6tlaemha5...

13.12.2024 20:43 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Ler conta moito 2025 | Rede de Bibliotecas de Galicia Publicada a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura

Publicada a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler conta moito 2025 de actividades de dinamización da lectura. O prazo para inscribirse remata o 20 de xaneiro
rbgalicia.xunta.gal/gl/novas/ler...

04.12.2024 09:03 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

🧦Que pode saír dun calcetín vello, dunha luva ou dun retallo de feltro? Pois dándolle un pouco á cabeza poderemos dar vida a diferentes personaxes!! Poñerlle cara, pelo, vestilos, darlle nome e... se dese tempo, poderiamos crear un conto en pequenos grupos.

bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/...

04.12.2024 08:05 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image

Hoxe Manolo Rivas contounos O lapis do carpinteiro no Salón Teatro de Compostela na gravación de Un libro Unha hora ❤️

02.12.2024 22:26 👍 8 🔁 1 💬 0 📌 0