Que chaqueta tan chula. O outfit é fabuloso
Que chaqueta tan chula. O outfit é fabuloso
A Colección 120 de La voz de Galicia é o piar que sostén o sistema literario galego nas librarías de vello. A foto, coas 19 comunas á procura dunha nova oportunidade é do @diegocasal.bsky.social
Predicións: En dez anos ninguén levará tarxetas bancarias na carteira (se quedan carteiras) e Artai substituirá a Breogán coma nome dongalizo fetén.
Avísanme desde @rinoceronteeditora.bsky.social que xa teñen dispoñible a súa nova tenda online, na que podedes mercar O trevo de catro follas, as "Dezanove comunas" e os demais títulos de @morganteedicions.bsky.social
rinoceronte-editora-slu.sumupstore.com/producto/o-t...
Polas minas non era, iso seguro. Que xa estaba o carbón wallón de capa caída.
Vaia, pois sería por outra cousa. Unha central de bombeo en Santo Estevo?
Cando emigrei a Bruxelas hai 19 anos foi pola inauguración dun salto no Sil. Agora a xente emigra polos aeroxeneradores. Distinta tecnoloxía pero as mesmas consecuencias.
Espero que decidan que si. Unha das peores persoas que viviron nos últimos 30 anos e sobre a cal, os "referentes éticos" occidentais non dixeron apenas nada.
Vendo o de México, aínda ben deitamos en Galicia dos anos de Miñanco, Oubiña...
No meu (limitado) contacto con rapaces desa idade vexo que Vox triúnfa bastante entre os gallitos. Pero podo estar equivocado, claro.
Proxectándome 30 anos atrás, penso que vería con gran alegría como ese "feminismo radical" ameaza a eses protomachos alfa de instituto. Ademais de por xustiza social, porque eses rapaces tamén eran un problema para os outros rapaces.
Un dos pocillos do Castro que viñeron co teu libro. Segis debería recuperar a estética "do Castro", máis experimental, como complemento á estética Sargadelos
Nah. Estes non son de Segis. Son anteriores!
Esta viaxe fágoa coa equipaxe estritamente imprescindible, o cargador do móbil, libros e pocillos de cerámicas do Castro.
Pois eu aproveito para recomendar "Organoloxia", de @evamoreda.bsky.social, na que unha das protagonistas ten o fetiche de deitarse cun fascista. 😁
Os restos de patacas fritas do McDonalds bótanse ao contenedor de orgánico ou ao do plástico?
Vai saber os fetiches de cadaquén!
Empresa referente galeguista e antifascista🤝Proxeneta símbolo do fraguismo.
Xa sei que anda todo o mundo atento ás camisetas de Bad Bunny en Vinted, pero eu onte aprendín geazas a un mutual que hai figuras de Sargadelos de Karina Falagan á venda en wallapop e home, non imos comparar.
Tamén é verdade
A piques de meter unha cápsula de café no depósito do xabón do lava-louza. A parte boa é que ía meterlle descafeinado.
Seguro que non me explicara ben. Basicamente, que me parecen unha moi boa idea no mundo actual e me sorprende que haxa tan poucas.
Por iso digo.
Eu é que penso nunha parella que vaia a un restaurante. Podes ou tomar unha botella grande, ou por copa, pero entendo que os que se venden por copa adoitan ser dos peores da carta.
Pregunta para os que saben de viño. As botellas de 375ml, non son moi rentables, non? Porque parece un formato moi bo para quen quere beber unha copa ou dúas e porén pouco se ven.
Non sei onde lera que as metáforas nas novelas son como as gasolineras, con unha cada 40 km (ou páxinas) chega. E engado eu, se son náuticas, aínda as podes espazar máis. Unha en cada porto e vía.
Está un día precioso en Bruxelas. Ceo azul e un frío agradábel. Que tal por Galicia?
Dos nosos, imaxino que moitos. Os putinistas, todos.
Tamén desbaldir os 15 minutos de gloria que seica temos todos en parecer sunormal na prensa serbia... En fin, o que digo sempre, aos ultras de fútbol mellor nin achegarse.