Anova-IN's Avatar

Anova-IN

@anovagal

Irmandade asamblearia nacionalista de esquerda. Loita frontal contra o ultraliberalismo. Unidade Popular pola creba democrática. Internacionalismo.

198
Followers
144
Following
78
Posts
25.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Anova-IN @anovagal

Queremos traballo digno nunha terra viva.
Queremos modernización da nosa industria e do noso agro, dos nosos sectores primarios e do sector servizos.
Queremos innovación na nosa Terra sen explotación transnacional.

Non aceptamos renuncias.

10.03.2026 12:10 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

Fronte ao modelo extractivista do Partido Popular, tampouco aceptamos a chantaxe de escoller entre industrialización e sostibilidade, entre postos de traballo e preservación do medio.

10.03.2026 12:09 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

En tempos nos que o traballo non garante o acceso a bens e dereitos básicos, aos gobernos progresistas e ás organizacións sindicais reclamámoslle firmeza na defensa das clases traballadoras.

10.03.2026 12:09 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

A defensa das condicións laborais é compoñente integral da defensa da democracia. A nosa solidariedade é internacionalista e mobilizámonos fronte á barbarie belicista que nos ameaza en calquera lugar do mundo.

10.03.2026 12:09 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

Erguémonos fronte ás inercias que nos ameazan. Vemos como noutras latitudes irmás, coma na Arxentina ou en Portugal, as condicións laborais son o primeiro obxectivo dos gobernantes reaccionarios que lle poñen faciana ao carácter depredador do Capital.

10.03.2026 12:08 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

… o sacrificio da nosa terra preséntasenos, acotío, como peaxe para a xeración de emprego; as horas extras non pagadas son a tributación que non lle molesta á Patronal.

10.03.2026 12:08 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

A diversidade da clase traballadora, atravesada hoxe polas achegas feministas e ecoloxistas, é un muro de contención fronte ao avance do fascismo internacional. A precariedade segue a ter, maiormente, cara de muller…

10.03.2026 12:08 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

Organizadas, estamos nas loitas que polo país adiante defenden non só as condicións laborais nos centros de traballo e fronte ás precarizacións, senón o noso medio, os nosos servizos e o noso futuro.

10.03.2026 12:07 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

Resiste fronte a precariedades novas (dixitais, emocionais, etc.) e atende a necesidades distintas, por iso as mobilizacións en sectores tan dispares como o sector dos coidados e o SAF, do comercio téxtil, do transporte de viaxeiros/as, dos medios de comunicación…

10.03.2026 12:07 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0

… e cómpre militar na súa defensa cada día.

A Clase Obreira Galega do século XXI é diversa e compóñena persoas de distintas orixes e procedencias, o que contribúe á construción dunha identidade rica e ampla.

10.03.2026 12:07 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

Como cada Dez de Marzo, na memoria de Amador e Daniel, conmemoramos o Día da Clase Obreira Galega. Se ben o mundo do traballo mudou moito dende aquel 1972, o que sabemos a través das loitas que impulsaron a democracia é que os dereitos conquistados non son irreversibles…

10.03.2026 12:06 👍 7 🔁 4 💬 1 📌 0
Preview
1.255 persoas, a mairoría civís, faleceron en Irán polas agresións de Estados Unidos e Israel O viceministro da Saúde iraniano, Ali Jafarian, alertou de que a maioría dos mortos eran civís.

🇮🇷 1.255 persoas, a mairoría civís, faleceron en Irán polas agresións de Estados Unidos e Israel

09.03.2026 13:44 👍 2 🔁 4 💬 0 📌 1

💜✊🏿

08.03.2026 09:41 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0

A vivir sen a ameaza das bombas, da fame, do do xenocidio, da ira imperialista. Esiximos o noso dereito a vivir. Porque somos, hoxe e cada día do ano, a metade da poboación.

#8Marzo #8Marzo2026

08.03.2026 08:56 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

A vivir baixo un teito, seguro, adsequible e adaptado ás nosas necesidades. A vivir sendo muller, sen que ninguén cuestione ese sentir. A vivir a nosa sexualidade libremente. A vivir onde queiramos, independentemente do noso lugar de procedencia.

08.03.2026 08:55 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Reclamamos, este 8M e cada día, o dereito a vivir. Así de sinxelo e así de inalcanzable. A vivir sen que nos maten, sen que nos agredan e sen que nos ameacen. A vivir do noso traballo en condicións dignas, con igualdade salarial e de dereitos.

08.03.2026 08:55 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Eses que, en ausencia de recursos públicos reequilibradores e dunha educación que aposte pola cooperación e a solidariedade, recaen nas mulleres, precarizando aínda máis situacións de profunda desigualdade.

08.03.2026 08:55 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

… ou declaradamente contrarios aos dereitos de todas as mulleres. As de nacemento e todas as demais.

Demandamos, de xeito firme e transversal, a posta en común dos tan manidos coidados.

08.03.2026 08:54 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Non podemos nin debemos consentir que, superado o primeiro cuarto do século XXI, continuemos escoitando, xa non só dende latitudes políticas e económicas lonxanas aos nosos posicionamentos, senón dende outros espazos de representación da esquerda, discursos excluíntes…

08.03.2026 08:53 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Traballamos na procura de posicionamentos feministas incluíntes, firmes na defensa da igualdade real e sen ambaxes, que analicen, critiquen e corrixan as súas dinámicas moitas veces atravesadas polo privilexio racial, económico e de representación.

08.03.2026 08:53 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Denunciamos a estreitura de miras dos espazos políticos, sociais, laborais, sindicais e culturais, masculinizados e refractarios, cada vez máis afastados dos compromisos pola igualdade efectiva e real.

08.03.2026 08:52 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

Dende o altofalante que nos ofrece ser parte dun partido de esquerdas de firme convicción feminista, denunciamos a continua degradación da loita antimachista, motivada e alentada pola deriva internacional cada vez máis conservadora, capitalista e restrictiva nos dereitos sociais.

08.03.2026 08:52 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

O 50% da poboación mundial esiximos, este 8 de marzo e cada día do ano, a fin da violencia contra nós, as mulleres👇🏽

08.03.2026 08:51 👍 8 🔁 8 💬 1 📌 1
Preview
O Exército dos Estados Unidos apunta á súa “probábel” autoría do masacre na escola do Irán no que morreron 168 nenas A investigación preliminar realizada polo Pentágono sostén que é “probábel” que o Exército estadounidense disparase o mísil que destruiu a escola ...

🔴 O Exército dos Estados Unidos apunta á súa “probábel” autoría do masacre na escola do Irán no que morreron 168 nenas

www.nosdiario.gal/articulo/int...

06.03.2026 12:28 👍 7 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Accidente Comentaba a semana anterior a deriva sádica do sempre mesiánico e asasino imperialismo ianqui, cunha obscena e atribulada dirixencia política deslizándos...

Hoxe en Nós Diario a entolecida carreira de USA/Israel, dereitas radicais, gobernos europeos de distinto signo maila UE/OTAN pola “salvación de Occidente” en realidade é un memorable Accidente. De Ucraína a Venezuela, Palestina, Sahel, Irán…

“Accidente” www.nosdiario.gal/opinion/mill...

06.03.2026 09:31 👍 7 🔁 7 💬 0 📌 0
Preview
El ataque ilegal de Israel y EEUU contra Irán no tiene que ver con el programa nuclear ni con la libertad Israel y EEUU buscan más hegemonía regional, control de recursos naturales, rutas para su transporte y un escenario que facilite la anexión ilegal israelí de territorios ajenos y contenga el crecimien...

ANÁLISIS | El ataque ilegal de Israel y EEUU contra Irán no tiene que ver con el programa nuclear ni con la libertad, por @olgarodriguezfr.bsky.social ↘️

www.eldiario.es/internaciona...

01.03.2026 22:49 👍 137 🔁 80 💬 2 📌 6

Israel y EEUU atacan Irán. Israel llama a sus bombardeos “ataque preventivo” y varios medios europeos lo usan como definición en sus titulares.

No hay nada preventivo en bombardear un país que no se disponía a atacar. Estamos ante lo que en derecho internacional se llama crimen de agresión.

28.02.2026 07:32 👍 530 🔁 379 💬 12 📌 13
Preview
Pensionistas protestan nas cidades contra a "privatización" da sanidade Pensionistas e persoas xubiladas da CIG manifestáronse esta quinta feira nas sete cidades galegas para protestar pola "privatización e desmantelamento" da ...

🩺 Pensionistas protestan nas cidades contra a "privatización" da sanidade

www.nosdiario.gal/articulo/soc...

26.02.2026 19:59 👍 107 🔁 45 💬 3 📌 1
Preview
Documentos desclasificados sobre o 23-F sinalan erros do golpe e mencionan a Fraga en varias operacións Un manuscrito atribuído a “militares españois” analiza o fracaso do intento de golpe do 23 de febreiro de 1981, identifica o rei como “obxectivo a an...

📜 Documentos desclasificados sobre o 23-F sinalan erros do golpe e mencionan a Fraga en varias operacións

www.nosdiario.gal/articulo/int...

25.02.2026 19:13 👍 7 🔁 4 💬 0 📌 1
Preview
Varias empresas sospeitan dun concurso amañado para os helicópteros do 061, que o nega - Praza Pública Posibles candidatos sinalan requisitos "excluíntes" ou "atribuíbles a un fabricante específico", Airbus, mentres o 061 xustifica que non todos permiten unha "correcta prestación" nas condicións da súa...

Para sorpresa de ninguén, os do PP facendo as cousas fan os do PP.
praza.gal/politica/var...

25.02.2026 15:59 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0