O curso celebrarase entre o 7 de abril e o 29 de maio de 2026 para personas de entre 25 e 64 anos. Non é precisa titulación universitaria previa. Máis información en: www.usc.gal/gl/estudos/p...
@ecoadeusc
Somos a conta oficial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Síguenos tamén en Línkedin, Instagram, Facebook, Tik Tok, e Youtube
O curso celebrarase entre o 7 de abril e o 29 de maio de 2026 para personas de entre 25 e 64 anos. Non é precisa titulación universitaria previa. Máis información en: www.usc.gal/gl/estudos/p...
Para formarte en Xestión-Económico Financeira en Cooperativas de Traballo Asociado, podes facer o curso de formación específica (Microcredencial Universitaria) da USC organizado polo departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de CC. Económicas e Empresariais e EspazoCoop.
Informámosvos desta oferta de emprego que nos chegou do Banco de España. Tendes máis información sobre o posto e os requisitos en: www.linkedin.com/jobs/view/43... e en www.bde.es/wbe/es/sobre...
Vén a coñecer as principais características das entidades sen ánimo de lucro e as diferenzas na súa xestión respecto ás empresas na charla que nos ofrecerá Margarita Rodriguez Blanco o mércores 18 de marzo ás 12:30 no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC
Visítao! Participa nas diversas actividades da nosa Semana Violeta.
#puntovioleta
#semanavioleta
#mulleresusc
#diainternacionaldamuller
#diainternacionaldelamujer
#usc8m
Nel podes encontrar diversas publicacións gratuítas de diversas investigadoras e diferentes temas, sobre estudos de xénero ou sobre temática feminista.
Dentro das celebracións que levamos facendo con motivo do #8m, Día Internacional da Muller, na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, instalouse un Punto violeta que permanecerá até o día 18 de marzo.
Até o 18 de marzo podes visitar esta exposición que celebra a Semana Violeta do noso centro, co gallo do @8M
#USC8M #mulleresEcoAdeUSC #mulleresusc #artemullergalicia #artecontemporáneo #artemujeres #mulleresartistas #mujeresartistas
A colección, que comezou a formarse nos anos 70, reúne esculturas, pinturas, gravados e murais de importantes artistas contemporáne@s galeg@s. A presenza das mulleres foi aumentando cos anos, en particular neste século.
Un bo modo de achegarte a coñecer o patrimonio artístico da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC é mediante a exposición "Mulleres artistas na colección da facultade".
Son datos para reflexionar e permanecer vixilantes e indagar nas causas desta situación. Porque na economía e na empresa tamén as mulleres deben seguir estando presentes en igualdade e facer sentir a súa voz.
#diamundialdamuller
#diamundialdelamujer
#mulleresusc
#usc8m
Do ano 2010 ao 2025, aumentou a presenza das mulleres entre o PDI (do 38 ao 46%) e no PTXAS (do 52 ao 70%). Porén entre o estudantado pasouse dunha coincidencia porcentual a unha diferenza cada vez maior, de modo que as mulleres pasaron de representar en ADE do 51 ao 44% e en Economía do 48 ao 35%.
Con motivo do #8M cómpre repasar a evolución das mulleres en diferentes ámbitos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. As infografías permiten ver que hai aspectos nos que se avanzou e noutros nos que fica moito por traballar.
🗓 09/03/2026
🕕 18:00
📍 Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais (USC)
Ao rematar, haberá un pequeno coloquio aberto para compartir impresións.
Non o perdas! 🎞️
A película segue a historia real da BlackBerry, desde o seu ascenso meteórico ata o fracaso final. Un retrato brillante das tensións entre innovación e negocio, das visións opostas dentro dunha empresa e da carreira por liderar unha industria que cambiou para sempre.
No marco do IV Cineforum: Empresa, Economía e Sociedade, proxectamos BlackBerry (2023), comedia dramática trepidante sobre como 2 enxeñeiros visionarios e un executivo ambicioso crearon o smartphone que revolucionou o mercado, e como se desmoronou coa presión, a competencia e as decisións límite
Un día para celebrar, moitos para destacar o papel fundamental das mulleres na vida económica e social e todo ano para reivindicar a igualdade
#USC8M #MulleresEconomistas #harriethardy #harriettaylor #harriettaylormill #mulleresEcoAdeUSC #mulleresusc #economiafeminista
Ademais doutras iniciativas como un Punto Violeta con liberación de libros de mulleres ou sobre mulleres e estudos de xénero; ou a convocatoria de premios TFG (Mª Carmen Guisán Seijas) e TFM (Mª Xosé Rodríguez Galdo) con perspectiva de xénero...
A Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC, leva celebrando esta data desde o pasado día 5 e faráo até o 18 de marzo, con varias exposicións: "Mulleres Economistas", "Mulleres artistas na colección da facultade" e "8 empresarias galegas que romperon os teitos de cristal"
Celebramos o 8M Día Internacional das Mulleres, con unha das "Mulleres Economistas" destacadas na formación do pensamento económico e feminista
... Salma Boutafant; Sandra Sinde Cantorna; Sara Miragaya Rico; Silvia Cortiñas Fernández; Noelia Suárez López; Nuria Formoso; Raquel Rodríguez Rey; Rebeca Rubal Ramírez; ... e moitas máis!
...Estefany Cuadros Herrera; Eva Filgueiras López; Eva García Lamazares; Inés Ameijeiras Lois; Julia Macía Rivas; Lourdes Baliñas; Luz Caaveiro Piñeiro; María Baeza Oca; Marina Magan Montenegro; Monica Chao Janeiro; Raquel Cortizo Almeida; ...
Alba Vázquez, Alba Ares, Andrea Fernández Penas, Andrea Otero Quintáns, Belén Regueira Castro, María Belén Solla Medina, Camila Zárate Raggio, Carme Casado Casado, Claudia Fernández Vázquez, Cristina García Bande, Djamila Daoudi; Dolores Seco Orosa, Emma Rubello Ríos; Estefanía Pérez Noya...
A imaxe recolle unha pequena mostra do talento feminino que continúan conectadas ou colaborando en moitos casos co noso centro. Grazas a todas vós, sodes un exemplo para as xeracións de estudantes actuais:
No marco da Semana Violeta da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC cómpre destacar as nosas antigas estudantes das nosas titulacións que hoxe son referentes no ámbito empresarial e institucional.
O Día Mundial da Muller non é cousa dun só día, e na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC querémolo compartir con vós.
Hoxe comezamos a celebrar o #8m e facémolo até o día 18, con diversas actividades que agrupamos baixo a denominación de #semanavioleta .
#diamundialdamuller
#diamundialdelamujer
#mulleresusc
#usc8m
Compartiu a súa experiencia para enfrontarse ao mundo laboral e deu consellos prácticos para encarar esa nova etapa. Destacou a alta formación do estudantado que remata o grao ou mestrado, con grande capacidade de aprendizaxe, e animounos a ser auténticos, positivos, empáticos e proactivos.
Esta semana tivemos na Aula Profesional ECOADE da Facultade de CC. Económicas e Empresariais a Celso Padín Pérez, Delegado en Sanxenxo e O Grove de Mapfre e exalumno do noso centro. Ofreceunos unha charla sobre "Xuízos de valor e realidade ao acceder ao mercado de traballo"
A poñente é profesora titular de Economía Aplicada (USC), e impartiu a conferencia "Os límites do crecemento: pegada ecolóxica e sustentabilidade". Unha magnífica oportunidade para un achegamento realista e crítico sobre o modelo actual de crecemento.