Información esencial:
🗓 Prazos
Inicio: 09/03/2026
Fin: 10/04/2026
🏆 O deseño gañador terá compensación económica e todas as propostas serán compartidas nas nosas redes co permiso das autorías ✨.
Información esencial:
🗓 Prazos
Inicio: 09/03/2026
Fin: 10/04/2026
🏆 O deseño gañador terá compensación económica e todas as propostas serán compartidas nas nosas redes co permiso das autorías ✨.
Para comezar a semana, anunciamos que buscamos novo logo para a asociación e abrimos concurso público! 🎮🎨
Consulta as bases na ligazón!
drive.google.com/file/d/1Wpii...
🌐 @puntogal.bsky.social impulsa a #AceptaciónUniversal para unha internet máis inclusiva e multilingüe cun proxecto divulgativo. A actividade, celebrada no #museodopobogalego, contou coa colaboración de #ICANN , o #geotldgroup , e o #aetgcoetg.
👉🏼Máis informacion, aquí: i.gal/PNZ8c
📍 Agora só queda visitalo!
Tes as portas abertas do nº 2 da rúa López Mora, Vigo.
Vémonos en Peniche! 🎮👾
🕹️ Ademais, conta con Peniche Gaming, un proxecto de ocio dixital e formación que conecta xeracións a través dos videoxogos e a tecnoloxía, apostando pola innovación social, a inclusión e o benestar dixital 🖥️.
🌍 Peniche Living é un senior living innovador, aberto á comunidade, que promove a autonomía, a dignidade e a convivencia interxeracional, transformando o modelo tradicional de coidados e a visión do envellecemento 🧓💙.
🏡 Grazas a este acordo, todes es membres poderán empregar este espazo para:
✨ reunións
🎯 actividades
📚 proxectos
☕ encontros informais
Un lugar pensado para crear, compartir e conectar!
🎮🤔 Algunha vez quixeches reunirte con colegas da asociación en persoa pero non sabías onde? Problema resolto!
O venres 13 de febreiro, dende videoxogo.gal asinamos un acordo con LUAGaming e ATENDO para usar as instalacións de Peniche Living 👐🏻✨.
Ademais, os diferentes equipos contaron coa axuda de varios titores relacionados co mundo dos videoxogos e da computación cuántica para desenvolver as súas propostas.
Deixámosvos unhas fotos da sede de Ourense, con @widijou.bsky.social e @antia2iglesias.bsky.social como tutores!
Nunhas horas rematará a primeira BrinQo Quantum Jam, evento organizado polo CESGA que durou unha semana.
Nesta jam de temática cuántica participan as tres universidades galegas e conta con 72 persoas inscritas!
itch.io/jam/brinqo
Ademais, por aquí vos quedan as ligazóns a DeVuegoGAL e Steam, para que poidades descubrir este título máis en profundidade!
Ficha de DeVuego: www.devuego.gal/fxogo/shadow...
Páxina de Steam: store.steampowered.com/app/2506100/...
ArumaStudios publica hoxe en Steam unha proposta moi interesante: que ocorre despois da morte? 👻
Deste estudo galego chega Shadows of the Afterland, unha aventura gráfica con gran personalidade e chea de quebracabezas únicos.
Deixámosvos o video de lanzamento 👇🏻
Simultaneamente, a CoruJam II tamén xuntou a numerosas persoas interesadas no medio. Esta vez, 17 equipos reuníronse para crear propostas seguindo o tema "Nunca choveu que non escampara".
Na seguinte ligazón podedes explorar todas as propostas!
itch.io/jam/corujam-...
Xaneiro rematou ca 7ª edición da HobbyPont Global Game Jam, onde decenas de entusiastas do videoxogo se xuntaron para crear un novo título en 48 h.
Podedes botarlles un ollo aos froitos desta intensa xornada na ligazón!
globalgamejam.org/group/31373/...
O luns pasado galiciae.com compartía unha reportaxe sobre xogalego.gal, o novo catálogo en liña do videoxogo en galego desenvolto pola equipa de @recunchogamer.gal.
Para saber máis sobre este portal e as nosas impresións, podedes consultar a nova nesta ligazón! 🎮💙
www.galiciae.com/articulo/gal...
Ollo, que hai categorías para todes! Mellor evento de charlas, mellor libro, mellor autor, mellor podcast, videoxogo máis esperado do 2026…
Animámosvos a compartir en comentarios a ligazón para votarvos!
Hoxe é o último día de votación dos #PremiosDeVuego2025 🏆!
A nosa asociación está nominada como mellor asociación e moitos membres tamén están nominados en cadansúa categoría!
www.devuego.es/premios-devu...
Se queredes botarlle un ollo as persoas desta nova etapa, deixámosvos por aquí a ligazón á nosa web!
videoxogo.gal
Comezamos este 2026 agradecendo o traballo da anterior xunta directiva, o cal supuxo grandes fitos para o sector do videoxogo en Galicia.
Esta nova xunta busca continuar todos os proxectos iniciados e seguir coa mesma ilusión, paixón e compromiso da xunta saínte.
Grazas pola confianza 🎮💙!
Onte o noso presidente achegouse a Ourense a lle entregar a Alejandro González o diploma que o certifica como socio de honra de Videoxogo.gal pola súa encomiable labor como pioneiro do sector do videoxogo en Galicia co desenvolvemento e comercialización de The Wall. Grazas e benvido! 💙
Rematou xa o #culturgal e estamos encantados coa acollida que o público amosou polo videoxogo galego. Hai un enorme talento no sector da nosa comunidade, e agora xa o saben 16.000 persoas máis. Grazas á organización, á #AGADIC e á #Xunta por facelo posible.
Todo preparado para a segunda jornada de #culturgal! Hoxe temos obradoiro e seguimos amosando unha estupenda selección de videoxogos feitos en Galicia, grazas ao apoio da Xunta e AGADIC
Todo listo xa para a nosa mostra de videoxogos galegos, no marco do #culturgal
Achegádevos esta finde!
Lembrádevos de que vos podedes inscribir no obradoiro que impartiremos o sábado 29 de novembro de 12:00 a 13:30 durante o @culturgal: "Unha historia de píxeles", da man do noso socio Beni M. Lado!
Vinde pasalo ben e aprender sobre videoxogos!
Formulario:
docs.google.com/forms/d/e/1F...
Actualizamos o noso calendario de actividades durante
#culturgal🎮
Alí estaremos amosando o noso novo xogo, Die or Die, totalmente localizado ao galego 💙🤍💙
Pasádevos a saudar e romper o noso récord!
Exposición de proxectos no espazo de Videoxogo.gal: 28-29-30 de novembro Presentación do libro Game Jams, guía para sacarlles o máximo partido' con Concepción González: Sábado 29 de novembro ás 16:00h Obradoiro "Unha historia de píxeles": Sábado 29 de novembro de 12:00h a 13:30h Premios aos mellores videoxogos Culturgal 2025: Domingo 30 de novembro ás 19:00h
Estaremos durante os días 28, 29 e 30 de novembro no #culturgal, en Pontevedra!
Estas son as actividades que teremos durante a fin de semana:
Hii!!!! We have uploaded de first trailer of Shabby Ring!!!
I hope you enjoy it :)
#IndieDev #GameDev #Indie
youtu.be/yfXy0izNW_8?...
Esta fin de semana tivemos a ocasión de entregarlle a @yovantichri.st o diploma que o certifica como socio de honra de Videoxogo.gal pola súa contiua inestimable aportación ao sector do videoxogo en Galicia coa creación e continua mellora de @devuego.es e @devuego.gal