Non gañamos pra desgustos.
Non gañamos pra desgustos.
Aínda non vimos movemento, en xeral estaba cousa màis fresca que polas rías baixas
😊
Onte fomos buscar a gaivota de Bonaparte que citaron por Laias. Non logramos localizala, pero a cambio atopamos unha preciosa femia de Aythya collaris. Sen dúbida un excelente prólogo para celebrar hoxe o #DiadoNaturalismoGalego, que ademais coincide co meu aniversario. Parabéns todas!
Hoxe polo Baixo Miño puidemos contar máis de 70 especies, pero o máis interesante e ve como van chegando os estivais: miñatos queimados, cegoñas andoriñas comúns e das pontes… O tempo tamén comeza a ser algo máis acolledor!
Ceo turbio sobre Galiza, seica polo po sahariano. Coidádevos dos idus de marzo.
Larus delawarensis
Ichthyaetus melanocephalus
Larus canus
Larus fuscus (intermedius?)
Hoxe vimos oito especies de gaivota, incluída unha gaivota de Delaware de primeiro inverno, pero a verdade é que unha cabecinegra nupcial é case imbatible.
No Baixo Miño a primavera comeza a estourar: todos os paseriformes cantando, córvidos levando material para o niño, bolboretas en voo, as flores comeza a tapizar o chan… O inverno vai cedendo. (2/2)
Aguia peixeira e unha boa colleita de limícolas na Foz do Miñor. Na praia de Ladeira, dous pentumeiros -moi lonxe- e paso cara ao norte de gaivotas escuras. (1/2)
Cheira a primavera!
Three decades on from the last documented sighting, Slender-billed Curlew was declared extinct a year ago. Arnoud van den Berg reflects on his experiences with this iconic bird at its final known winter refuge:
Hoxe volveu chover a cachón, así que houbo que aproveitar os claros como se puido. O resultado, unha colleita bastante heteroxénea: eirugas de Thaumetopoea herculeana, un mangado de Narcissus triandrus e un mazarico real anelado en Bélxica, entre outras cousas.
Saíu o sol! Boa xornada no esteiro do Miño con tres mobellas grandes, a habitual cerceta americana invernante (durmida) tartaraña das xunqueiras, aguia peixeira, garzas brancas… e papuxas, xiríns e tordos cantando xa como se non houbese un mañá.
An oil painting of Charles Darwin, depicting him with a white beard, gazing forward. He wears a dark, heavy overcoat. The background is a muted brown, adding a somber and reflective tone to the portrait.
The white marble gravestone of Charles Darwin in Westminster Abbey, inscribed with black lettering reading: Charles Robert Darwin Born 12 February 1809 Died 19 April 1882
Scientist Charles Darwin was born #onthis day in 1809. Darwin is best known for his book On the Origin of Species, published in 1859, which introduced his theory of natural selection. Darwin is buried in Scientists’ Corner beside other great scientists including Sir Isaac Newton.
Primeiro día nunha semana en que para de chover un pouco. Aproveitamos para visitar os pentumeiros fuscos (Melanitta fusca) que andan por Nerga desde hai uns días. Os temporais, ademais, están metendo gaivotas pequenas (Hydrocoloeus minutus) na ría.
Soa a “se van a morir igual”.
Denuncia!
O tempo deu unha pequena tregua esta fin de semana e puidemos desfrutar dalgunhas especies americanas que están pasando o inverno en Galiza. O bilurico maculado e a píldora dourada americana seguen polo Burgo e, en Cecebre, poden verse dous parrulos bóla. As nubes tamén deixaron ver a lúa chea. 👌
En canto as “brancas”, efectivamente: 2025 foi o primeiro ano en que non vin ningunha desde polo menos 2009. Algunha apareceu, pero nada que ver cos anos anteriores.
Corrección de repunante: no resto da península non sei, pero en GZ apareceron polo menos dúas Fulica americana máis despois da de 2009. Unha en Cospeito, en febreiro-abril de 2019; e outra na ría de Foz, en outubro do 2024, que só se deixou ver un par de días.
Os nosos primeiros Narcissus cyclamineus do ano. Unha especie endémica da Gallaecia (Galiza e norte de Portugal) descrita en 1816 e que se considerou extinta durante un tempo, ata que se localizou de novo en 1946, nos arredores do Porto. Considerada ‘vulnerable’, estas florecen no concello de Vigo.
Pensei que era deste ano 😁
Emos sio engañaos 😁
😍
IMAGE SHOWS GRAPHIC OF CORNELL LAB OF ORNITHOLOGY PHYLOGENY EXPLORER TOOL.
MAJOR NEWS! We just launched an awesome new tool! The illustrated Birds of the World Phylogeny Explorer lets users trace any bird’s lineage, compare species relationships, and explore major evolutionary milestones with a click of a button. SHARE and EXPLORE! birdsoftheworld.org/bow/news/phy...
Os catro xuvenís de flamengo que apareceron en setembro nas salinas do Ulló parecen seguir moi a gusto na ría de Vigo. Hoxe acompañábanos unha femia de tadorna branca, un parrulo boreal e 500+ asubións.
Mañana se celebran los Premios RARO en el Museo de Historia Natural de Ferrol. Una cita imprescindible para apoyar a nuestra gente y a la ornitología hecha con pasión. Allí estaremos.”
A exposición “Aves de Palestina: a persistencia da vida na catástrofe” inaugurarase o día 24 ás 16:00 h. A mostra presenta fotografías tomadas por observadores de aves palestinos, para os que o birdwatching é un acto de esperanza. Á inauguración seguirá unha conversa con dous dos autores palestinos