VINTE's Avatar

VINTE

@vinte.praza.gal

A revista dixital para a Galicia dos anos 20💫 Da man de @praza.gal 🔗 https://vinte.praza.gal

712
Followers
38
Following
321
Posts
01.10.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by VINTE @vinte.praza.gal

Post image

“Eu non tiven aldea de pequeno e atopei agora de maior a miña aldea percorrendo moitos lugares de Galicia e gravando moitas persoas”, explica Diego Guerrero, director do programa 'Cos pés na terra'. Desa experiencia agroman as letras de Pastor Eléctrico
🔗 vinte.praza.gal/artigo/pasto...

11.03.2026 11:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Pastor eléctrico A potencia da música ao servizo das historias do rural galego - Vinte As letras son as protagonistas e a música, unha descarga eléctrica no momento exacto. No primeiro disco de Pastor Eléctrico atopamos historias inspiradas por persoas, lugares, cheiros ou sons reais do...

🎵 Pastor Eléctrico. A potencia da música ao servizo das historias do rural galego
No primeiro disco de Pastor Eléctrico as letras son as protagonistas e a música, unha descarga eléctrica no momento exacto.
vinte.praza.gal/artigo/pasto...

11.03.2026 11:34 👍 1 🔁 0 💬 2 📌 0
Post image

🎵 Di a música e antropóloga galega María Xosé Silvar, SÉS, con todo o sentido do mundo, que “mainstream disidente” é un sintagma paradoxal en si mesmo.
Poucas cousas hai na actualidade na música máis mainstream que o reguetón de Bad Bunny
🔗Artigo completo: vinte.praza.gal/artigo/as-ta...

10.03.2026 10:27 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Exército Mekemeke 5x15. Cousas do paranormal - Vinte No episodio de hoxe metémonos de cheo no misterioso mundo do paranormal… Falamos de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, da Santa Compaña facendo máis quilómetros de noite ca moitos runne...

🔊Podcast | Exército Mekemeke 5x15👿
Cousas do paranormal👻
No @mekemeke.gal entran no misterioso mundo do paranormal e falan de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, ou da Santa Compaña, que fai máis quilómetros de noite ca moitos runners vinte.praza.gal/multimedia/e...

09.03.2026 11:08 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
As Tanxus, Bad Bunny e o ‘valor’ da identidade - Vinte Di a música e antropóloga galega María Xosé Silvar, SÉS, con todo o sentido do mundo, que “mainstream disidente” é un sintagma paradoxal en si mesmo. Na música poucas cousas hai na actualidade máis ma...

🎶💙 As Tanxus, Bad Bunny e o ‘valor’ da identidade

A cultura, como a lingua, é unha arma, unha ferramenta de batalla das ideas que tamén se utiliza na política para “facer comunidade”. As artistas hai tempo que non poden esquivar posicionarse
vinte.praza.gal/artigo/as-ta...

05.03.2026 12:57 👍 1 🔁 2 💬 0 📌 2
Preview
O plan das Tanxugueiras para o seu novo disco: volver facer historia no Coliseum da Coruña - Praza Pública Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro presentarán o vindeiro 17 de outubro 'O Cuarto' no seu único concerto en Galicia este ano, que servirá tamén para celebrar o décimo aniversario do grupo. Es...

🎶💿O plan das @tanxugueiras.bsky.social para o seu novo disco: volver facer historia no Coliseum da Coruña

🎤O grupo presentará en outubro 'O Cuarto' no seu único concerto en Galicia este ano, que servirá tamén para celebrar o décimo aniversario do grupo

🎫Este 4 de marzo saen á venda as entradas

03.03.2026 12:07 👍 21 🔁 12 💬 1 📌 2
Post image

🗣️ Entrevista | Rebeliom do Inframundo: "Estamos nunha era de desinformación total, coa dopamina e o cortisol polas nubes. Non estamos tendo tempo a pararnos, estar cun mesmo e pensar, realmente"
🔗 vinte.praza.gal/artigo/entre...

03.03.2026 11:14 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 1

💜 Nova xeira para o #VinteNaRúa, da man de @puntogal.bsky.social 👏
👀 Nas próximas semanas volvemos con máis historias de persoas que merecen ser contadas🎉

02.03.2026 12:29 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎙️ Podcast |👿 Exército Mekemeke👿
O caso Therian🦊
Neste episodio os membros do @mekemeke.gal poñen o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos 'therian', do regreso triunfal dos 'aliens' e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...

02.03.2026 11:52 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎶 CON VÍDEO | Alana propón unha ‘rave tradi’ con “Vilardevós”
A mestura da música tradicional con ritmos de base electrónica e pop é un dos sinais de identidade de Alana, que ultima o lanzamento do seu segundo disco. Este venres coñecemos “Vilardevós”

vinte.praza.gal/multimedia/a...

27.02.2026 14:55 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Entrevista | Nervo, Rebeliom do Inframundo “Neste disco hai bastante felpa a nivel social. Coa extrema dereita sen vergoña temos que alzar a voz” - Vinte Xuntábanse detrás da estación de autobuses de Ponteareas nos primeiros 2000, onde os edificios a medio construír suxerían estar nunha especie de inframundo. Era un lugar perfecto para esas primeiras r...

🎤 "Nós somos un grupo curioso. Dentro do rap tocamos mil estilos e ritmos diferentes. Incluso en directo ás veces sae un gaiteiro a tocar. E por que non? Por que quedarse co de sempre?", explica Nervo, de @rebeliomdoinfra.bsky.social nesta entrevista ⤵️
vinte.praza.gal/artigo/entre...

27.02.2026 11:25 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🎵 Entrevista | Nervo, de Rebeliom do Inframundo: “Neste disco hai bastante felpa a nivel social. Coa extrema dereita sen vergoña temos que alzar a voz”
@rebeliomdoinfra.bsky.social publica hoxe o seu quinto disco, 'Orgulho'
👉 Podes ler a entrevista completa aquí: vinte.praza.gal/artigo/entre...

26.02.2026 12:02 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Barreiros: acougo e calma onde o mar namora - Vinte No corazón da Mariña, co Atlántico batendo nun areal virxe e infinito, Barreiros ofrece acougo, natureza e vida. A que atrae os milleiros que chegan no verán e da que gozan os que alí viven todo o ano...

💙 Carlos Fernández, médico xubilado, lembra o "desvencellamento co mar" que tiña boa parte da veciñanza de Barreiros non hai tanto; agora é todo o contrario
#VinteNaVila
vinte.praza.gal/artigo/barre...

25.02.2026 11:44 👍 2 🔁 3 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🎙️ Ouvinte na vila | "En Vilagarcía hai unha proximidade entre as persoas que se agradece"
No primeiro episodio do podcast #OuvinteNaVila
Vanesa Vázquez debullou algúns detalles da súa reportaxe sobre Vilagarcía.
🔗 Artigo e programa completo aquí ➡️ vinte.praza.gal/artigo/o-pri...

24.02.2026 12:28 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Exército Mekemeke 5x13. Europa - Vinte Un episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se tr...

🔊 PODCAST | 👿 Exército Mekemeke👿Europa

Este programa do @mekemeke.gal mestura xeopolítica, purpurina e orgullo europeo entre himnos que non coñecen ben, debates surrealistas sobre Groenlandia e diplomacia internacional a través de Eurovisión
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...

23.02.2026 11:55 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Barreiros: acougo e calma onde o mar namora - Vinte No corazón da Mariña, co Atlántico batendo nun areal virxe e infinito, Barreiros ofrece acougo, natureza e vida. A que atrae os milleiros que chegan no verán e da que gozan os que alí viven todo o ano...

💙 VINTE NA VILA | “Barreiros teno todo, namórase del o que vén, pero non o masifiquemos, sen pasarse”. Digna Irimia coñece coma poucos a evolución da zona nas últimas décadas, as mesmas que leva á fronte do restaurante O’Asador vinte.praza.gal/artigo/barre...

20.02.2026 13:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Finalmente, Altri non - Praza Pública A conselleira de Industria confirma o arquivo do expediente da compañía portuguesa que prevía instalarse en Palas de Rei da man da Xunta ao ficar fóra a súa conexión da planificación eléctrica do Esta...

‼️🔴 Finalmente, Altri non

A conselleira de Industria confirma o arquivo do expediente da compañía portuguesa que prevía instalarse en Palas de Rei da man da Xunta ao ficar fóra a súa conexión da planificación eléctrica do Estado ata 2030 praza.gal/politica/fin...

20.02.2026 10:45 👍 143 🔁 90 💬 6 📌 30
Post image Post image

Neste novo #VinteNaVila percorremos un concello que mantén o impacto dunha burbulla inmobiliaria que se pasou moito de rosca, pero que reivindica un presente atraente e un futuro prometedor nunha contorna única
🔗 vinte.praza.gal/artigo/barre...

19.02.2026 15:06 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Barreiros: acougo e calma onde o mar namora - Vinte No corazón da Mariña, co Atlántico batendo nun areal virxe e infinito, Barreiros ofrece acougo, natureza e vida. A que atrae os milleiros que chegan no verán e da que gozan os que alí viven todo o ano...

🌊 Reportaxe | Barreiros: acougo e calma onde o mar namora

Barreiros ofrece calma, natureza e vida. A que atrae os milleiros que chegan no verán e da que gozan os que alí viven todo o ano.

✍️ @depunteirolo.bsky.social
#VinteNaVila
🤝 Caixa Rural Galega
vinte.praza.gal/artigo/barre...

19.02.2026 11:38 👍 2 🔁 5 💬 1 📌 0
Preview
Adianto de 'As liñas descontinuas': un encontro pode cambiarche a vida? - Vinte VINTE adianta en exclusiva unha escena da segunda longametraxe de Anxos Fazáns, As liñas descontinuas, que chega ás salas de cinema o 20 de febreiro

💜🎞️ Adianto de 'As liñas descontinuas': un encontro pode cambiarche a vida?

Compartimos en exclusiva unha escena da segunda longametraxe de Anxos Fazáns, que chega ás salas de cinema o 20 de febreiro 🎦🍿
vinte.praza.gal/multimedia/a...

18.02.2026 11:58 👍 4 🔁 4 💬 0 📌 1
Preview
Vinte en Xinzo. De Entroido, mentres o corpo aguante - Vinte Un ano enteiro a pensar no Entroido. Hai lugares e lugares especiais. E Xinzo é destes últimos, onde a festa do Entroido é todo. A celebración máis importante do ano para propios e achegados, que semp...

👹 Vinte en Xinzo. De Entroido, mentres o corpo aguante
Un ano enteiro a pensar no Entroido. Hai lugares e lugares especiais. E Xinzo é destes últimos, onde esta festa é moito. É todo.
Neste martes de Entroido recuperamos esta reportaxe de Javi Quiroga⤵️
vinte.praza.gal/artigo/vinte...

17.02.2026 10:36 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Vinte almorzando con Lucía Freitas - Vinte Todo un luxo almorzar e parolar coa chef galega Lucía Freitas no seu primeiro restaurante, A Tafona. De pequena quería ser xornalista coma o seu pai, mais adoraba a cociña e nesa mocidade indecis...

🍽☀️A Tafona, de Lucía Freitas, incorpórase ao selecto club dos restaurantes con 3 Soles Guía Repsol

🟪🟧🟦 Recuperamos esta conversa pausada do #VinteAlmorzando con Deleite na que a chef compostelá recibiu a @vinte.praza.gal no seu premiado local

17.02.2026 08:40 👍 1 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

🔊Podcast | 👿 Exército Mekemeke👿 Facer o delicioso (+18)
Os membros do @mekemeke.gal falan sen filtros deses encontros cheos de paixón, nervios, expectativas altísimas e coordinación discutible
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...

16.02.2026 12:53 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
The Rapants lanza “Viaxei”. Do rock á cumbia e unha bóla de discoteca - Vinte The Rapants vén de publicar "Viaxei",o segundo e último avance do seu novo disco, Rapants Club. Un retrouso pegadizo e unha produción elaborada, para un tema en que os rapantes achégans...

🎶 CON VÍDEO | The Rapants lanza “Viaxei”: Do rock á cumbia e unha bóla de discoteca

Un retrouso pegadizo e unha produción elaborada, para un tema en que os rapantes se achegan desde o rock aos ritmos latinos
vinte.praza.gal/multimedia/t...

16.02.2026 10:55 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

🎙No Día da Radio amencemos escoitando Vinte de Foliada, a serie podcast de @vinte.praza.gal que percorre Galicia demostrando que a tradición é agora
🟪🟧🟦
🎧Escoita
🔗 vinte.praza.gal/serie/vinte-...

13.02.2026 07:52 👍 7 🔁 7 💬 0 📌 0
Preview
Filmika Galaika volve ás súas orixes con 'Krakatoa': “É máis ca unha película” - Vinte O filme Krakatoa vén de vivir a súa estrea no festival de cinema de Rotterdam. Alí os pases estiveron cheos para presenciar un produto cinematográfico diferente, que nace como live cinema e performarc...

🎥 Filmika Galaika volve ás súas orixes con 'Krakatoa': “É máis ca unha película”

O filme 'Krakatoa' vén de vivir a súa estrea no festival de cinema de Rotterdam. Falamos con Beli Martínez, de Filmika Galaika, sobre esta película "auténtica e radical"
vinte.praza.gal/artigo/filmi...

11.02.2026 14:57 👍 3 🔁 3 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🌰 Para @belamistura.bsky.social era a primeira vez no Courel e todo mundo lle dicía que era o mellor momento para ir, o tempo das castañas.
🎧 No primeiro #OuvinteNaVila Liste fala da súa reportaxe sobre Folgoso do Courel
🔗 vinte.praza.gal/artigo/o-pri...

10.02.2026 11:08 👍 1 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
Exército Mekemeke 5x11 A televisión - Vinte Diciamos que a televisión estaba morta… pero aquí seguimos, comentando realities, series e debates coma se nos fora a vida niso. Neste episodio os mekemekes abren o melón da tele: a boa, a mala e a qu...

🔊Podcast | 👿Exército Mekemeke👿A televisión

📺 Diciamos que a televisión estaba morta… pero aquí seguimos, comentando realities, series e debates. Neste episodio o @mekemeke.gal abre o melón da tele: a boa, a mala e a que vemos con culpa.
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...

09.02.2026 11:34 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O primeiro episodio de Ouvinte na vila defende o “xornalismo de corredoiras” para que non veñan os de fóra falar por nós - Vinte O xornalismo de corredoiras, a necesidade de ir ao lugar e contar o que alí sucede por nós mesmas e mesmos. Esta foi unha das ideas que puxeron en valor as participantes no primeiro episodio do podcas...

🎙️ As xornalistas @mvizaguirre.bsky.social , @belamistura.bsky.social e Vanesa Vázquez peneiran nesta conversa os detalles das reportaxes que elaboraron dentro da serie #VinteNaVila ⤵️
vinte.praza.gal/artigo/o-pri...

06.02.2026 15:02 👍 3 🔁 3 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🔊 Podcast | O primeiro episodio de Ouvinte na vila defende o “xornalismo de corredoiras”
👉 Na estrea do podcast #OuvinteNaVila falamos sobre Antas de Ulla, Folgoso do Courel e Vilagarcía de Arousa
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
🎧 Podes escoitar aquí o programa:
🔗 vinte.praza.gal/artigo/o-pri...

06.02.2026 13:19 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 2