Sigo orgulloso, como xornalista, de non dar voz nun medio de comunicación á ultradereita. Agora mesmo hai quen colabora co seu aumento no voto facendo entrevistas que promocionan o odio.
Sigo orgulloso, como xornalista, de non dar voz nun medio de comunicación á ultradereita. Agora mesmo hai quen colabora co seu aumento no voto facendo entrevistas que promocionan o odio.
Galardón ben merecido!
'Los domingos' derrota 'Sirat' nos #Goyas2026. Galiza estivo representada polo premio do cinema de animación a 'Decorado' de Alberto Vázquez.
Israel ataca Irán e comeza outra guerra máis. E a UE ollando para outro lado. Que baixiño caeron en Bruxelas.
Se falamos de prensa en galego e Entroido é imposíbel non nomear a Carlos G. Hervella, director do xornal O Sil e fotógrafo. Os seus especiais desta celebración en revista, son o mellorciño. Este ano están de 30° aniversario. (Na foto recollendo o Entroido de Maceda).
Veciñas da parroquia de Celavente, no Bolo, este ano non sacaron o Touro. Non había xente para levalo. Iso si, percorreron as casas das persoas maiores para levarlles algo do Entrudio. Polo camiño contáronme que cada vez son menos nas aldeas. Agardo que para o ano haxa Touro.
Este sábado vin como un conselleiro deste Goberno da Xunta chegaba a Laza acompañado dunha persoa que se dedicou a facerlle fotos. Falou "coas autoridades" estivo cinco minutos e marchou. Un exemplo de manual de vir para "facerse a foto". #Entroido #Laza #PP
Plataformas veciñais de todo o país denuncian desde a praza do Obradoiro de Compostela as consecuencias dos recortes orzamentarios e a privatización da Sanidade Pública en Galiza. Medo dan os exemplos que provoca a Xunta en hospitais e ambulatorios que poñen en perigo a saúde.
Aínda queda para chegar á praza do Obradoiro. As rúas de Compostela berran "Goberne quen goberne, a sanidade deféndese". Outra xornada de protesta para visibilizar a situación de recortes na sanidade pública galega que impón o PP.
A invasión de Venezuela por Estados Unidos demostra que a ambición de Donald Trump non ten límites. Se a UE non reacciona seguirá sumando obxectivos económicos, dá igual que sexa contar co máis petróleo, quedarse con Groenlandia ou facer hoteis na costa de Gaza.
Vai parecer que son comercial deles ou algo así, pero é que -coma nostálxico das cutreseries de SYFY, Pluto TV sorpréndeme cada semana traendome algunha das que vira un capítulo ou nin eso. E de balde total!
O millor para as sestas, garantido!!
"A música xa non é unha arte, é unha utilidade; e os músicos xa non son artistas, son creadores de contidos", así remata este domingo Daniel Méndez a súa reportaxe en prensa sobre @Spotify.
Rematamos na Galiza este luns as presentacións de reNOVA GALIza en Lugo. Obrigado pola participación a @encarnalago, Paulo Carril e Claudio Rodríguez Fer. Haberá máis en 2026 e contaremos cos máis de 70 nomes que colaboraron neste número. Preguntade por el nas librarías.
Este serán presentamos reNOVA GALIza na Coruña. Un pracer falar da diáspora galega na AC Alexandre Boveda. Grazas, de parte do Foro Cívico Galego de Barcelona, Keina Espiñeira, Xurxo Souto, Xurxo Salgado, Isidro Dubert, ...
Ofrenda floral e verbal a Castelao no Panteón dos Galegos e Galegas ilustres por parte do Foro Cívico Galego de Barcelona.
Obradoiro cheo e seguen entrando manifestantes de toda Galiza. Compostela é hoxe ás capital da protesta contra a macrocelulosa de Altri.
Cando un árbitro fai ben o seu traballo no Bernabeu pasan estas cousas. Enorme o Celta ante un Real Madrid que podía levarse ao vestiario algún goliño máis.
O Tribunal Supremo non podía escoller mellor o día para anunciar a súa decisión sobre o Fiscal Xeral. 'Todo atado e bien atado'.
Está segunda feira, após o visionado do filme 'Lola' de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro no Cineuropa, xurdiu no faladoiro posterior a idea da necesidade dun cinema galego que falara da nosa historia e da nosa memoria. Coincido e reclamo apoios, máis alá das 'luces'.
Así temos o noso sistema de educación. Esmagando a identidade da mocidade galega coa complicidade de certo profesorado.
Como, que aínda non sabedes quen foi Margot Sponer? Pois tedes dúas formas de vos achegar á súa vida e á súa obra: o libro de Antón Figueroa que publicou en 2017 #Laiovento e a banda deseñada que neste ano publicaron @alba-ceide.bsky.social e Óscar Losada #MargotSponer #galego #antifascismo
A colleita de kiwis por terras do Deza superou as espectativas. O resultado está a ser moito mellor que en 2024 malia as altas temperaturas e a pouca choiva.
Outro ano máis no Día da Castaña en Os Anguieiros, lugar da parroquia de Montefurado (Quiroga), organizado pola Asociación Boca do Monte. Obradoiro de cabazas, castañas e a sempre formidábel participación do grupo de música tradicional Abertal da Rúa.
A Wikipedia é a mellor,estaba lendo sobre os estiramentos e a parte de fotos nas que veñen animalicos estarricandose é top
O Samaín gaña a partida ao Halloween en Compostela.
PP e Vox aproveitando a dor que viven as vítimas en València para atacar ao goberno do PSOE no Congreso. Non teñen nin as mínima decencia.
✅ Le changement d’heure devait prendre fin en 2021… et pourtant, nous venons encore de passer à l’heure d’hiver ! 🕒
⏳ Et si nous décidions enfin nous-mêmes de notre propre heure ?
👉 www.nhu.bzh/changement-h...
#HeureDhiver #BretagneAutonomie #DecidezNousMemes #ChangementDheure
Fálase pouco de Lydia Pérez e debería falarse máis. É unha das protagonistas do éxito da loita na Galiza.- www.nosdiario.gal/articulo/dep...
A @RadioGalega retransmitindo en directo un espectáculo de drons. Isto só pode pasar no noso país. #celta #iagoaspas
Pensaredes que non pode ser máis é. Maña escoitarei en directo Pink Floyd en galego.