📩 Vota e elixe a túa reitora!
Lembra que podes facelo ata as 18.00 horas nesta ligazón 👇
📲 aplicacions.usc.es/axe/publica
📩 Vota e elixe a túa reitora!
Lembra que podes facelo ata as 18.00 horas nesta ligazón 👇
📲 aplicacions.usc.es/axe/publica
🔬 Unha estratexia sintética híbrida co selo do @ciqus.bsky.social permite crear arquitecturas moleculares ata o de agora inalcanzables
A investigación está liderada por Luis M. Mateo e Diego Peña
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🏃A @usc.gal, primeira na clasificación por equipos no Campionato Universitario de Orientación Xunta de Galicia
A UVigo resultou en segundo lugar e no terceiro a UDC. Tanto na categoría feminina como na masculina individual,a USC quedou en segunda e terceira posición.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🟣 A @usc.gal reafírmase como espazo comprometido co feminismo e contra o negacionismo.
A institución conmemorou o Día Internacional das Mulleres cun acto oficial no que se recoñeceu o Arquivo Histórico Universitario pola súa contribución á igualdade de xénero na USC.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🎨 A obra da artista Luciana Rago chega a Fonseca para trazar un diálogo entre corpo, pintura e arquitectura.
A mostra de @culturausc.bsky.social 'O ceo aos meus pés', comisariada por @paulacabaleiroc.bsky.social, pode visitarse ata o 18 de abril no Salón Artesoado.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🟣 A @usc.gal reafirma este #8M o seu compromiso coa acción para acadar dereitos e xustiza para as mulleres e nenas
Ao acto que terá lugar o luns 9, ás 12h, no Colexio de Fonseca, engádense unha morea de actividades reivindicativas nos campus de Santiago e Lugo
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🎵 Concertos tanto en Lugo como en Compostela,
🎨 exposicións,
🗣️ relatorios,
🟣 e, por suposto, a conmemoración do #8M, Día Internacional das Mulleres, integran a #AxendaUSC
📲 Preme na ligazón e descubre todo o que che ofrece a @usc.gal
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
🍇 NeoGiANT transforma o bagazo de uva Albariño en ingredientes capaces de facer fronte a enfermidades infecciosas animais
O consorcio integrado por 20 socios de 9 países e coordinado pola catedrática da USC Marta Lores desenvolve en Compostela a súa asemblea final
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📺 O @ihus-usc.bsky.social reúne especialistas da filosofía, filoloxía, historia, arte ou medicina para abordar cuestións complexas como as tecnoloxías, o medio ambiente, a saúde ou as migracións.
Todo isto abórdase na derradeira entrega de 'Investigamos na USC'.
▶️ www.youtube.com/watch?v=jeWj...
🎶 Concerto de Kid Mount na Igrexa da @usc.gal
#primaveracultural
🎶 Concertos de marzo no campus de Lugo da @usc.gal
#primaveracultural
😜O @clmdausc.bsky.social impulsa convocatorias oficiais de exames de acreditación de idiomas como catalán, italiano ou francés e mesmo examina das probas de coñecementos constitucionais e socioculturais de España (CCSE).
Aquí che contamos polo miúdo todos os detalles!
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🍃 O @campusterrausc.bsky.social, unha oportunidade para reforzar Lugo como polo de I+D+i.
USC e Xunta de Galicia deron a coñecer os detalles do novo convenio que rexerá no período 2026/29 a estratexia deste campus de especialización.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 Nace DESP-OB, un proxecto estatal de investigación para afrontar o reto da España baleira(da)
A iniciativa está coordinada dende a @usc.gal polo profesor Rubén C. Lois, director do @idegausc.bsky.social
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🔬 A USC, segunda universidade do Estado e primeira de Galicia en captación de contratos Ramón y Cajal
18 persoas benefícianse na @usc.gal destas axudas destinadas a promover a incorporación de persoal investigador cunha traxectoria destacada
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
⛪ A Cátedra do Camiño lanza a novena edición do seu premio de investigación sobre a ruta xacobea.
O prazo de presentación de traballos rematará o 11 de maio.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🍨 Bico de Xeado recibiu esta fin de semana o XXVI Premio Aresa nunha gala celebrada na Facultade de Veterinaria do @campusterrausc.bsky.social
Parabéns 🙌
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🔬 CiMUS discovery published in Science
An international research team led by Oportunius researcher José Tubío at CiMUS (USC) has uncovered a previously unknown mechanism by which certain mobile elements in human DNA can trigger major chromosomal rearrangements in tumour cells.
🙌 A #AxendaUSC vén ateigada de novas actividades!!!
Música, relatorios, exposicións... e moito máis!
🗞 www.usc.gal/gl/xornal/ev...
📺 A serie 'Investigamos na USC' visita esta semana o @ciqus.bsky.social para explicarche que son os nanografenos.
Aquí tes todos os detalles!
▶️ www.youtube.com/watch?v=mCvH...
📈 Ao longo de 2024 xermolaron en Galicia un total de 192 cooperativas novas, o 12% das creadas no Estado
@ecoadeusc.bsky.social acolleu a presentación do ‘Informe da Economía Social en Galicia’, coordinado por Maite Cancelo e Manuel Botana
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🪰 Identifican as áreas clave para conservar a biodiversidade de artrópodos na Península Ibérica e Baleares
O equipo de investigación, con presenza da @usc.gal, xerou unha base de datos que contén rexistros dun total de 6.231 especies
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🌹 A @usc.gal súmase á conmemoración do #DíaDeRosalía
Con motivo do aniversario do nacemento da autora de ‘Cantares Gallegos’, a Cátedra que leva o seu nome impulsa esta semana unha lectura antolóxica da súa obra
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🔝 Un novo Programa de Estímulo á Transferencia financiará proxectos con ata 20.000💶
Presentacións en @dereitousc.bsky.social @facultadadelugo.bsky.social e @facultadexh.bsky.social servirán esta semana para dar conta dos detalles
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📚 Arranca na @buscusc.bsky.social a Olimpíada Solidaria de Estudo.
Do 23 de febreiro ao 3 de abril trocará horas de estudo por euros para proxectos en Angola e Senegal, que traballan por mellorar o presente e construír un futuro máis digno.
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🗣️ A xornada ‘Contar a ciencia desde nós’ conmemora na @usc.gal o Día Internacional da Lingua Materna
A partir do lema 'As linguas importan', destácase a urxencia de avanzar no recoñecemento da diversidade lingüística
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🥳 Temos charlas, faladoiros, recitais, música da boa...
Así de cargada vén a #axendausc desta semana. Contamos contigo?
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...
🙌 Os Encontros na Zona USC están a ser un éxito!
A Ponte entre o Ensino Medio e a USC impulsa esta iniciativa na que estudantado preuniversitario coñece de primeira man a oferta docente e de servizos da Universidade
Os días 24 e 25 de febreiro chegarán a Lugo!
▶️ www.youtube.com/watch?v=dwqw...
🐉 Camelot, dragóns e a presenza de drogas nas agresións sexuais entre o estudantado centran a Nerd Nite de febreiro.
Tan só falta unha semana!
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
✨ O @igfae.gal lidera a participación española nos experimentos do Observatorio Pierre Auger, situado na Pampa arxentina, onde se estuda a orixe e natureza dos raios cósmicos máis enerxéticos coñecidos
Este é o eixo da nova entrega da serie ‘Investigamos na USC’
▶️ www.youtube.com/watch?v=14l8...