Foto dos dous participantes do coloquio de parte de CoruJam:
Sara Ballester é co-organizadora de CoruJam, adicase o modelado 3D e a ilustración, debuxa en Terebi Magazine e representa a FemDevs en Galiza, organizando as meetups e asistindo a eventos locais.
Carlos Cortés é co-organizador da CoruJam, foi programar en videoxogos como "Friends vs Friends" ou "A Place for the Unwilling" e leva facendo Jams dende 2014, ademáis de facer xogos só como "A todas a rocas que me criaron"
Fotos dos participantes do coloquio de parte da Revolteira:
Roig. Navega entre a programación e os píxeles, Gústalle probar ideas facendo xogos pequenos e aprender aos poucos, coma quen completa misións secundarias gañando experiencia.
Poch saíu da súa vila para chegar a ese lendario lugar entre a música e a informática chamado "Videoxogos". Pero o mapa que ten está incompleto así que anda buscando as pezas que lle faltan.
Invitades especiais o coloquio:
Marta Adelantado é escritora e deseñadora narrativa e participou no desenvolvemento de varios videoxogos, ademais de divulgar a través de charlas, artículos e material universitario. O seu traballo foi exposto en diversos eventos, pero hoxe está aquí pra rachar con Isi.
Isi Cano é profe de desenvolvemento de videoxogos nun cole e na uni. Sobreviviu a unha tesis doctoral sobre usar videoxogos en aulas e conseguiú mención cum laude. Aínda que se lle coñece por crear Baba is Cool. Ven a Corujam a sacar de quicio a programadores co seu código e a rachar con Marta
As 19:30 teremos un espazo aberto pra falar sobre participar en Game Jams e estaremos abertes a dúbidas que poidan surxir de cara a Jam do día seguinte. Temos con nos pra dinamizar isto a @saraballester.bsky.social @carlos.games @isi-cano.itch.io @yomissmar.bsky.social e #Poch e #Roig